Cee pide galego
Arredor dun centenar de persoas achegáronse nesta mañá do sábado ás portas do Concello de Cee para berrar en alto iso do "Eu quero Galego". As pancartas da Mesa pola Normalización Ligüística, convocante do acto, e dunha mesa redonda na tarde deste luns 16 de novembro, esixiron a aprobación do regulamento municipal que impulsa o uso do galego no Concello de Cee ademais de solicitar a dimisón do concelleiro do PSOE en Cee, Modesto Rivas.
Todo trala polémica suscitada a semana pasada cando o PSOE convencía a PP e Ciudadanos de pedir un informe xurídico sobre a normativa presentada polo alcalde de IxCee.
Foi Álex López, responsable da Mesa na Costa da Morte, o que leu o manifesto de Miro Villar asinado por unha ampla representación social, sindical, comercial e veciñal da zona. Ademais, o presidente da asociación en defensa do galego, Marcos Maceira, chamou a respectar a lingua e a cumprir nos concellos a cativa lexislación lingüística vixente. “O galego precisa protección. Só hai que ver as diferenzas que ten respecto ao español, que conta con perto de medio milleiro de disposicións legais que obrigan ao seu uso”, sinalou, “as poucas disposicións normativas coas que conta o galego non se cumpren”.
Marcos Maceira insistiu en pedir a dimisión para o concelleiro do PSOE, por “fomentar e defender o odio e o supremacismo lingüístico e de xénero”. “O que dixo Modesto Rivas non se pode consentir nunha sociedade democrática, máxime no caso dun representante do pobo”, salientou.
Novas relacionadas- Este luns 16 de novembro, Mesa redonda sobre o galego.
- A Mesa convoca un acto para promover o uso do galego en Cee
- Galicia Bilingüe levará aos tribunais a ordenanza do galego se sae aprobada polo pleno de Cee
- Cee queda sen regulamento para o impulso da lingua galega pola negativa de PSOE, PP e Ciudadanos
- Redacción QPC ([email protected])