venres. 08.11.2024
El tiempo

Cee recoñece o encomiable palmarés, e o futuro, do seu atleta Elian Numa

Recepcion en Cee a Elian Numa
Cee recoñece o encomiable palmarés, e o futuro, do seu atleta Elian Numa

Esta temporada pasou de promesa a realidade e hai quen pensa que pronto o veremos nas televisións. Aínda non cumpriu os 19 anos e xa é Campión de España sub20, ademais de ter participado nos campionatos de Europa da súa categoría e no Campionato de España Seleccións absolutas representando a Galicia.

Este ceense que comezaba no Olimpia da man Jorge Rodríguez Lariño (primeiro adestrador do club no 2012), tivo que pasar ao club Coruña Comarca hai varios anos para seguir medrando co seu adestrador José Carlos Tuñas Dugnol, co que xa conseguiu un palmarés incrible, abrindo un futuro tremendamente esperanzador.

Por iso, o novo goberno do Concello de Cee, no marco de recepcións que leva facendo este primeiro mes da lexislatura, quixo entregarlle un recoñecemento.

Resultados ao aire libre temporada 2018/2019

  • SUBCAMPION DE ESPAÑA SUB-20 EN 800 M. LISOS AIRE LIBRE en Granollers (07/07/2019).
  • 3º no XXXI CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBES HOMES en 400m (27/04/2019).
  • 2º posto C1 no Ourense Termal Athletics Meeting 2019 de Ourese (18/05/2019).
  • 1º posto C1 no Trofeo Lucus de Lugo (23/06/2019).
  • 5º posrto S2 no 25º Campeonato de Europa Sub20 (19/07/2019).

Resultados en pista cuberta temporada 2018/2019

  • 1º posto nos LXII CAMPIONATOS DE GALICIA SUB ́18 E SUB ́20 de 400m EN PISTA CUBERTA de Ourense (23/02/2019).
  • 1º posto no XV COPA DE GALICIA DE CLUBES EN PISTA CUBERTA de 400m en Ourense (23/02/2019).
  • 1º posto no XXXIV CTO. GALICIA ABSOLUTO E SUB ́23 Y 1500-3000 SUB18-20 en PISTA CUBERTA de 800m en Ouresen (20/01/2019).
  • 1º posto no XLVI Campeonato de España Sub20 en Pista Cubierta de Madrid (03/03/2019).
  • 1º posto nos LXII CAMPIONATOS DE GALICIA SUB ́18 E SUB ́20 EN PISTA CUBERTA de Ourense (23/02/19)
  • 2º posto no XI CAMPIONATO DE GALICIA DE MILLA EN RUTA (Abs., Sub23, Sub220, Sub18, Master) en Santiago (07/04/2019).

Novas relacionadas

Comentarios