Martes. 15.10.2024
El tiempo

Cee saíu unha vez máis á rúa a berrar pola Sanidade Pública

Cee saíu unha vez máis á rúa a berrar pola Sanidade Pública
Concentracion pola Sanidade en Cee-Fotos-Alex Lopez Mobilizacions SOS Sanidade Publica

Esta tarde, as cidades do país acollerán numerosas mobilizacións pola Sanidade Pública. Pero esta mañá de mércores 26 de marzo, a concentración máis importante de Galicia realizábase en Cee. Convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública e os sindicatos CCOO, CESM, O´MEGA, CIG, CSI.F, SAE e UGT, medio centenar de persoas achegáronse ás portas do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee e do Centro de Saúde para esixir unha "Sanidade Pública Sempre".

Unhas mobilizacións convocadas en todas as áreas sanitarias de Galicia en contra dos recortes en prestacións, servizos, persoal, privatizacións e copagos, a ausencia de negociación cos sectores afectados e ou deterioro na sanidade pública.

I é que a privatización do Sergas segue a ser un tema que verdadeiramente preocupa á veciñanza, e aos traballadores dos centros sanitarios. Ademais, outros temas locais como a os problemas co servizo de pediatría no Centro de Saúde de Cee tamén protagonizaron algunhas das coplas entonadas.

Apoiando a Sanidade Publica-Foto-Alex Lopez

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios