Venres. 26.04.2024
El tiempo

Cee sumérxese na realidade ucraína

Saida de emerxencia marcos rodriguez
Cee sumérxese na realidade ucraína

Xa falta pouco para o Agosto Cultural que como cada ano ofrecerá a veciños e visitantes da vila da Xunqueira unha ampla oferta cultural e festiva. Mentras tanto, as vindeiras citas na Casa de Cultura de Cee comenzarán este vindeiro día 15:

Venres 15 de xullo. Auditorio da Casa de Cultura 21.00 horas

Unha visión de primeira man da guerra de Ucraína

Da man do fotógrafo Marcos Rodríguez e o xornalista Fran Hermida coñeceremos na proxección do foto-documental "SAÍDA DE EMERXENCIA" a súa experiencia con motivo da viaxe que fixeron á fronteira de Ucraína para recoller a 47 persoas que fuxiron da guerra e que, a día de hoxe, están vivindo en diferentes lugares da xeografía galega. Historias “con nomes e apelidos de xente que deixou todo atrás para fuxir dun futuro incerto, pero que tamén deixaron familiares no seu país de orixe”.

 

Luns 18 de xullo. Sala de Exposicións da Casa de Cultura, 20.00 horas

Exposición de fotografías de Ana García que teñen como base a publicación Mar de Ardora, editada polo Clúster de Turismo.
Nelas a fotógrafa Ana García fai un percorrido pictórico polos espazos da Costa da Morte nos que se pode desfrutar deste espectáculo da naturaleza tan especial.

A exposición permanecerá aberta ata o 31 de xullo.

Comentarios