Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Cee vístese de Xunqueira

Clown en Cee
Ao longo da semana houbo actuacións na rúa_Foto-Rafa Quintáns
Cee vístese de Xunqueira

Tras unha semana de actividades na rúa, hoxe comenzan as Festas da Xunqueira en Cee. Unhas festas adaptadas á situación de pandemia con concertos e actividades culturais en recinto acotado, público sentado con reserva previa de entrada (na Biblioteca Francisco Mayán) e emprego de máscara.

Pagtrullas ern Cee
A cativada tivo unha semana moi axetreada-Foto-Rafa Quintáns

As festas arrincan co pregón do mariñeiro-poeta Xosé Iglesias na Praza 8 de marzo. Será as 21:00h e de seguido haberá os concertos de NostágicA e de Rocío Caamaño, que toca na casa.

O sábado 14, ás 13.00h na Praza Domingo Antonio de Andrade e ás 19.30h na Praza da Constitución tocará a Banda de Gaitas de San Xoan de Paramos (Tui). E xa ás 22:00h, no escenario da Praza 8 de marzo, doble concerto de versións: La Habitación de la Música e Nuevo Plan.

O domingo 15 pola mañá pasarrúas coa Charanga O Rumbo. A Banda de Música de Cee dará dous concertos, ás 13:30h e ás 20:00h, e ás 22:00h, concerto homenaxe ao Último de la fila. Ás 23:30h haberá fogos de artificio, aínda que a traca non será tan potente como antano.

Xa o luns 16, despois dos pasarrúas coa Charanga O Rumbo, concerto da Banda de Música de Padrón na Praza da Constitución. Ás 1815, na Praza Domingo Andrade e ás 20:15 na Praza da Cnstitución, un dos fitos da semana, o desfile de cabezudos cos Viqueiras de Ordes. E como peche, o concerto de Óscar Ibáñez, ás 22:00h na Praza 8 de marzo.

Quecendo motores para Á EsCeena

inauguracion exposición Don Gaiferos
Foto de Rafa Quintáns

Onte ó mediodía quedou inaugurada a exposición Don Gaifeiros da compañía Monicreques de Kukas composta por diferente material (marionetas, debuxos, plantillas para un cómic e material de atrezzo, incluindo unha reproducción do Pórtico da Gloria, pertencente ó orixinario espectáculo realizado con motivo do Ano Santo de 1993). Santiago "Kukas" e Isabel Rey amosaron a mostra a un grupo de nenos de Cee, participantes nas actividades de conciliación promovidas polo concello ceense.
A exposición pode verse na Casa de Cultura ata o vindeiro 26 de agosto en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, de luns a sábados. A compañía Monicreques de Kukas será a encargada de abrir o vindeiro martes 17 de agosto ás 21.30 horas a VII Semana do Teatro e as Artes Escénicas: A EsCEEna!

Xa están a venta na biblioteca municipal tanto os bonos para todo o Festival como as entradas individuais para cada espectáculo.

Comentarios