Martes. 19.03.2024
El tiempo

Celso Sanmartín maridou risas e lembranzas no Mes da Fundación

Celso Sanmartin en Cee no Mes da Fundacion
Celso Sanmartin en Cee no Mes da Fundación
Celso Sanmartín maridou risas e lembranzas no Mes da Fundación

Que risas e que lembranzas trouxo Celso Fernández Sanmartín a Cee, no seu “Contar”, para unha nova actividade do completo Mes da Fundación. Se del din que é un dos mellores “contadores” de Galicia é porque leva recollendo contos e historias insconcientemente toda a súa vida, e dende fai anos, dedícase a contalas e transmitilas de cara a distintos tipos de públicos.

Di Celso que empezou por casualidade e oportunidade, e que continúa porque é un acto de amor, de sentido e de paixón, pola lingua, pola oralidade, pola comunicación, por pensar que non se perda un verdadeiro tesouro de historias e contos, e de ir por aí mostrándoo e ofrecéndoo coa boca aberta e coa boca chea.

A devoción de Celso son as persoas maiores. Entre elas hai moitas que son contadoras intuitivas, intelixentes e atentísimas a todo. Sinte devoción polo vivo interese que poñen nas historias, nos contos e nas memorias que transmiten. Devoción porque saben elaborar un momento a partir dunha miga de tempo que se preste, ou tamén, inesperadamente.

Esa paixón seguro que frutifica e moitos dos asistente van recomezar a escoitar aos seus maiores.Manu R Pan

O seu repertorio está composto básicamente por contos, historias e memorias ligadas á tradición oral galega e tamén á europea, asentadas na cultura agrícola-gandeira e pedestre, dándolle, ao mesmo tempo, un toque contemporáneo para apalparlles que tamén son historias actuáis e que non son pezas de museo.

Máis citas

- Para o alumnado: Mércores 20 novembro no IES Fernando Blanco. Conferencia do xornalista Manu Rey Pan (á dereita), titulada "Isto non o verás nos medios. Consellos para informarse entre o ruído". Para alumnado de bacharelato do IES Fernando Blanco e do IES Agra de Raíces.

- Para o público en xeral: Sábado 23 novembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Cee. De balde. Concerto comentado do gaiteiro Edelmiro Fernández (Edelmiro Fernández Parada), baixo o título "Viaxe por noutrures. Técnicas e recursos para diferentes repertorios de gaita”.

Concerto Edelmiro no Mes da Fundacion

NOVAS RELACIONADS

Comentarios