O Certame de Murais de Azulexo de Lar prepara a gran gala de entrega de premios

Este venres 10 de xuño terá lugar nas instalacións de Suministros Lar un evento especial e emotivo. A partir das 11:00h desenvolverase a entrega dos premios do Concurso de Murais de Azulexo de Lar. De feito, xa poden pasar por alí e disfrutar deses singulares elementos decorativos que percorrerán o país, exportando o patrimonio subacuático da Costa da Morte, como fan este mes os murais dos Faros na Coruña.
Este ano, o tema principal sobre o que xira o transversal proxecto é Os Naufraxios: o rico patrimonio arqueolóxico que albergan os nosos fondos mariños así como todas as historias que hai detrás de cada naufraxio.
Para desenvolver o seu mural, cada un dos centros de ensino e centros especiais participantes, tiveron que facer un completo proceso de inmersión e investigación histórica, falando con axentes tan ben documentados como Pepe de Oleghario ou Fernando Carrillo.
Primeiro tocou escoller un naufraxio por centro. Logo investigar e adentrarse na súa historia, utilizando as redes sociais de toda a vida: as charlas cos nosos maiores. Aí comezaba o proceso creativo de preparar o deseño, e do papel ao mural para ir creando, peza a peza, estas obras de arte.
O resultado xa o podemos ver no aparcamento e este venres teremos unha gala chea de sorpresas, e a música en vivo da man de Marcos Traba (usuario de asociación Apem de Cee).
Os participantes
Centros participantes | Naufraxio | Nacionalidade | Lugar de afundimento | Ano |
CPR Manuela Rial Mouzo | San Jerónimo | Español | Faro C (Corcubión) | 1956 |
IES Ramón Caamaño, Muxía | City of Agra | Inglés | Arou (Camariñas) | 1897 |
IES Praia Barraña, Boiro | Mont Parnes | Griego | Carrumeiro Chico (Corcubión) | 1935 |
IES Fernando Blanco, Cee | Serpent | Ingles | Trece (Camariñas) | 1980 |
IES Isidro Parga Pondal, Carballo | Ambaca | Portugués | Touriñán (Muxía) | 1917 |
CPR Andaina, Coruña | Brigneti | Italiano | Vilán (Camariñas) | 1893 |
Asoc Apem, Cee | Bayonnaise | Francés | Fisterra | 1803 |
Asoc Aspaber, Carballo | Mina Sorriego | Español | Muxía | 1954 |
Xurado
O xurado está composto por Antón Castro comisario de arte; Covadonga Carrasco do Estudo de arquitectura Creusecarrasco; Begoña Fernandez arquitecto de interiores e gerente da galería de arte Stoupa e Félix Quintero, ex-director de Fenosa para Sudamérica.
Novas do Concurso de Murais
- Xuño 22: Os murais de Lar exportan os Faros da Costa da Morte á Marina da Coruña.
- Maio 22: Os centros de ensino mergúllanse no patrimonio subacuático gracias ao transversal Concurso de Murais de Azulexo.
- Outubro 21: O Concurso de Murais de Lar volve ás aulas e ás asociacións en clave de naufraxios.
- Xaneiro 2020: Os escolares sumérxense no patrimonio subacuático cos Carrilo e Pepe de Oleghario.
- 2020: O novo Concurso de Murais de Azulexo de Lar mergúllase no patrimonio subacuático.
- 2019: Por 1 millón de likes para a Costa da Morte
- 2019: Os murais de Azulexo da Costa da Morte renovan o museo urbano de Sanxenxo.
- 2018: Paz Lago: "Os murais de azulexo dos faros da Costa da Morte son perfectos para que os turistas inmortalicen Sanxenxo”.
- Agosto 18: Os faros de azulexo que ensinan a Costa da Morte a milleiros de turistas en Sanxenxo.
- 2016: Un mar de deportes acuáticos en clave de azulexo.
- 2014: Os Murais de Azulexo comezan a tomar forma nos centros de ensino.