Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os Colectivos Feministas da Costa amosan o seu apoio ás traballadoras de XEAL que están sendo vítimas de acoso

Manifestacion 8M de Cee-Foto-Paula Castineira 5
Imaxe da manifestacion 8M de Cee en 2019-Foto-Paula Castiñeira
Os Colectivos Feministas da Costa amosan o seu apoio ás traballadoras de XEAL que están sendo vítimas de acoso

A raíz da denuncia realizada polo Comité de Empresa de Xeal, arredor do acoso laboral e sexual a dúas traballadoras da empresa por parte dun alto cargo, os colectivos feministas da comarca, inmediatamente se puxeron a intentar contactar con elas.

Así, os 4 colectivos que forman a Plataforma Feniminista Costa da Morte - Bergantiños (Buserana de Cee, Sonlilá de Carnota, Círculo Feminista de Carballo e As Curandeiras de Vimianzo) asinan un comunicado no que sinalan que “queremos deixar claro apoio incondicional as dúas mulleres traballadoras de Ferroatlántica que están sendo víctimas de acoso laboral e sexual, por parte dos seus superiores.
Estamos de parte delas, crémolas e queremos que se sintan arroupadas por nós e abrimoslle as nósas portas para todo canto necesiten.
Non imos a consentir que se produzan situacións machistas nos lugares de traballo, o noso traballo como feministas e precisamente a loita pola erradicacón da violencia machista en todos os ámbitos, tamén no laboral.
Se tocan a unha respostamos todas”.

Novas relacionadas

Comentarios