O Comercio local da Rúa Coruña recupera o glamour de Nadal

Fermosa campaña de promo, máis ben autopromoción, do comercio local a que veñen de abrir varios negocios da Rúa Coruña en Cee. Unha alfombra vermella e unha marea de pequenas árbores danlle un toque especial á histórica rúa comercial, que está recuperando a súa vida pouco a pouco.
A boa relación que hai entre eles tradúcese nesta iniciativa, esta decoracón especial que une os comercios de principio a fin da rúa. Cada un coa súa árbore de Nadal e un arco iluminado no local do centro. A rúa ademais volve ter algo de iluminación de Nadal trala petición ao Concello polo que a Rúa terá vida propia.
”Trátase dunha iniciativa totalmente privada, co único afán de dar un toque especial á nosa rúa, algo vistoso para incentivar as visitas e o paso de xente así como as compras nos negocios locais. Pero o mais importante para nós é a colaboración mutua e a unión de comerciantes e empresas, por unha banda, establecela e mantela e por outra banda fomentala entre os nosos veciños do pobo para demostrar que tamén se poden facer cousas a nivel privado e con boa vontade”, explican dende os comercios locais.
Damos así os parabéns aos negocios da rúa:
- Casa do Neno.
- Micasa.
- Mobiliario Carrasco.
- Helvetia.
- Podología Miguel Blanco.
- Kominikate.
- D&A Complementos .
- Pandejuevo.
- Catro Follas.
- Pasos Máxicos.
- Podocanosa
- A Gafotería.