xoves. 18.09.2025
El tiempo

Os coles de Muxía denuncian os recortes de AL e PT: “Sen profesionais suficientes, o principio de inclusión educativa queda en papel mollado”

CEIP Virxe da Barca de Muxia-recortes
O CEIP Virxe da barca
Os coles de Muxía denuncian os recortes de AL e PT: “Sen profesionais suficientes, o principio de inclusión educativa queda en papel mollado”

Repasábamos onte os recortes que detectara a CIG en varios centros de ensinos da comarca. Entre eles atópanse os centros muxiáns do CEIP Virxe da Barca e CEIP Os Muíños, cuia comunidade escolar quere publicamente a situación de recortes que está a sufrir o sistema educativo galego, en especial no referido ao persoal especialista en Pedagoxía Terapéutica (PT) e Audición e Linguaxe (AL).

Nos últimos cursos, detectaron unha redución progresiva destes recursos fundamentais, imprescindibles para garantir a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE). Este curso, “a falta de horas e profesionais está a deixar a moitos nenos e nenas sen a atención que lles corresponde por dereito, xerando unha situación de desigualdade e desprotección”, explican dende o centro.

”O alumnado con dificultades de aprendizaxe, trastornos de linguaxe, diversidade funcional ou outras necesidades educativas especiais precisa un apoio constante e individualizado. Sen profesionais suficientes, o principio de inclusión educativa queda en papel mollado, e as familias sentimos unha fonda preocupación polo futuro dos nosos fillos e fillas”.

Os recortes en cifras

As familias constatan a disminucion de sesións con respecto ao curso 24/25. No CEIP Os Muíños pasaron de 34 sesions semanais a 26, xa que pasaron de ter 2 PT a ter 1.
Pola súa conta, no Virxe da Barca que pasan de ter no curso 24/25 10 sesións a ter 7 neste curso 25/26, tendo un AL con perfil de PT que é o mesmo que comparten co centro veciño.

Tamen hai problemas con profesorado especialista, neste caso o CEIP Virxe da Barca queda desprotexido con só un profesor de 3º o cal hai 3 unidades no centro, un docente por clase, o que conleva que si falta un profesor por calquera motivo, enfermidade ou citas medicas unha clase quede soa, e teñan que xuntala con outra.

Chamamento á administración

As comunidade educativa muxiá fai “un chamamento á administración educativa galega para que rectifique esta situación e repoña o persoal necesario de inmediato. Non falamos dun luxo, senón dun dereito básico recollido na normativa vixente e sustentado en valores como a igualdade de oportunidades, a xustiza social e o respecto á diversidade”.

Así mesmo, deixando claro que seguirán mobilizándose, solicitan “o apoio da veciñanza e da sociedade en xeral. A educación é un ben común e colectivo: o que hoxe se lle nega a un neno ou nena repercute mañá no conxunto da comunidade”.

Máis novas sobre os recortes

Comentarios