Condenan ó Sergas a pagar 20.000€ a un veciño de Muxía por non informalo dos riscos dunha ciruxía
07:15 13/11/15
A intervención practicouse no hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Imaxe: Marcos Rodríguez
O xulgado do Contencioso de Santiago de Compostela condenou ao Sergas - Servizo Galego de Saúde - a abonar 20.000€ a un veciño de Muxía por non informarlle sobre os riscos dunha ciruxía por hernia inguinal que lle practicaron no hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
Así o informou a asociación El Defensor del Paciente, que foi quen tramitou a denuncia a través do letrado Cipriano Castreje. Segundo explica a asociación, "o Sergas non puido probar que se informara ao pacente sobre os riscos da ciruxía xa que foi operado anos atrás con outra técnica e noutro hospital, polo que nesta segunda intervención o risco era maior".
"O xuiz acolleu os argumentos esgrimidos polo avogado Cipriano Castreje que sianlou que o consentimento informado é necesario para cada ciruxía, non importando as que o pacente tivera previamente, xa que o risco en cada unha é diferente e maior que na anterior, ou como mínimo distinto", indican dende a asociación El Defensor del Paciente.
Segundo dita organización, a sentencia xa é firme posto que o pacente, que era o único que podía recorrila, declinou facelo por considerar que a indemnización concedida é "axeitada".
Fonte
- Redacción QPC
- Europa Press