Coñecendo a Abe Rábade
Vaia luxo contar con Abe Rábade na Costa da Morte. E vaia luxo telo non só para que toque o seu piano, senón para falar. De feito, Abe Rábade, un dos grandes do jazz galego contemporáneo a pesar da súa mocidade, falou máis que tocou. E falou para os "non músicos" pois foi precisamente esa posibilidade de falar de cara a cara con "non músicos" o que lle fixo aceptar este reto.
Falou de música, comezando pola súa orixe. "A música está dentro de nós, e así comezou, con base na percusión e petando sobre o propio corpo".
Moi interesante a proposta de Abe de facernos pensar e opinar aos non entendidos. De feito, as impresións do público máis básicas, como uns "vai e ben" ou "sube e baixa", foron as aportacións que máis agradeceu, xusto cando intentaba facernos sentir emocións a través da música.
A sesión seguíu polo ritmo 3 por 4 dos hindúes.Todo para rematar concluíndo que "a música tende sempre cara a universalidade", mentres na sala de enfronte do Concello de Cee celebrábase un pleno... A cultura do espectáculo por partida doble...
Sen máis, deixámosvos cun dos seus momentos ao piano.
Moito máis que Abe
Pero a fin de semana foi moito máis que Abe. Podemos salientar as interesantísmas aportacións de Joaquín Riera, que nos trasladou na súa Discoteca Transferible a visión que ten da música, e de como funciona ese medio que nos serve para acceder á música: a recollida do son, as súas características físicas, as nosas posibilidades auditivas, etc.
En canto a Anxo Rabuñal, fixo unha minuciosa investigación acerca de como a partitura se foi transformando co tempo de ser unhas meras indicacións para o intérprete (Bach, por exemplo) a convertirse nun intento de representar todo o sonoro na súa totalidade (algo imposible) a como, nos últimos tempos, moitos músicos pasan a tranformarse en pintores ou creadores plásticos ao propor partituras que ben poderían ser cuadros, como podería ser J. Cage.
É dicir, que a fin de semana tratou toda a problemática de trasladar o sonoro ó gráfico e os seus avatares históricos ata o presente no que as fronteiras entre música e debuxo se "desdebuxan", valga a redundancia.
Houbo tempo para a parte lúdica, por suposto, e a jam session do sábado, estivo eclipsada pola voz de Cora Yap-Chine, que estivo acompañada polo piano de Pablo Seoane. Sinxelamente maxistral.
Máis información
Toda a información relativa ó programa, aos prazos de matrícula, aos custos e mesmo ao aloxamento, poden atoparse na web:
Novas sobre os III Seminarios de Fisolofía da Costa da Morte
- A Costa segue pensando e disfrutando a música.
- Primeira aparición da Real Orquestra Fortuita da Costa da Morte.
- Aberto o prazo de inscrición para os III Encontros de Filosofía.
- III Encontros de Filosofía: A Costa da Morte volve situarse na vangarda do pensamento coa filosofía e a música.
Novas relacionadas
- A vangarda filosófica da Costa na revista ProTexta.
- Encontros na diáspora: Corcubión coñece a realidade latinoamericana en primeira persoa .
- II Encontros de Filosofía da Costa da Morte: A UCV coloca de novo á Costa á vangarda da filosofía .
- I Encontros de Filosofía da Costa da Morte: CODA: A Costa actúa pensando .
- I Encontros de Filosofía da Costa da Morte: 4ª sesión: Debatido peche aos Seminarios de Filosofía da Costa.
- I Encontros de Filosofía da Costa da Morte: 3ª sesión: Tiqqun dende as alturas.
- I Encontros de Filosofía da Costa da Morte: Segunda xornada de Tiqqun, por Man_Hauser.
- I Encontros de Filosofía da Costa da Morte: 2ª sesión: Tiqqun, a proba nos Seminarios de Filosofía da Costa da Morte.
- I Encontros de Filosofía da Costa da Morte: 1ª sesión: Corcubión na vangarda da filosofía.
Artigos de Javier Turnes en "A Escarpadura"
Outras novas
- Xa está na rúa a primeira revista da Universidade Cromática das Virtudes .
- A mocidade sácalle as cores a Corcubión .
- Apocalipse musical na fin do mundo .
- A vangarda pedagóxica chega á Costa .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).