mércores. 30.04.2025
El tiempo

COSAL achega á Costa OutrasVozes de bo cine

COSAL achega á Costa OutrasVozes de bo cine
A agrupación COSAL - Costa da Morte volve traernos bo cine á bisbarra. Cine que temos que saborear porque chega a contagotas á nosa bisbarra. Ao longo do mes de novembro, a entidade organiza a 2ª edición do ciclo OutrasVozes, no que películas e documentais doutras culturas toman o protagonismo. Como nos contan os membros do COSAL, OutrasVozes quere ser unha mirada a realidades diferentes, unha base para a análise, reflexión, entendemento e debate sobre cuestións das que a cotío nos esquecemos e que merecen e precisan do noso posicionamento, cando non da nosa colaboración, para poder seren modificadas.

Programa de novembro 2010

O ciclo desenvolverase ben no bar A Terraza, do Hotel El Hórreo, ou no IES Fernando Blanco de Cee. Todas as sesións serán ás 20:15h:
  • Mércores 3 na Terraza do Hórreo, en Corcubión: Persépolis. Francia (2007), dirixida por Marjane Satrapi.
  • Xoves 11 no IES Fernando Blanco, en Cee: Swing. Francia-Xapón (2002), dirixida por Tony Gatlif.
  • Xoves 18 na Terraza do Hórreo, en Corcubión: Caminantes. España (2001), dirixida por Fernando León.
  • Mércores 24 no IES Fernando Blanco: varias curtametraxes: Nasija, As cores do frío, Crímenes Invisibles...

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Colectivo COSAL-Costa da Morte.

Comentarios