Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A cultura ceense vívese en directo

Terra de Sena no veran Cultural de Cee-Foto-Rafa QUintans
Bailando no verán Cultural de Cee-Fotos-Rafa Quintáns
A cultura ceense vívese en directo

Como previa ás Festas da Xunqueira, o programa de Verán Cultural do Concello de Cee mantén o pulso ben activo.

Suso Bahamonde e Laura Sanchez presentando os seus libros no Veran Cultural de Cee

Esta semana son os grupos da casa os que actúan na Casa da Cultura. Se o luns tocaba sesión de libros coa ilustradora Laura Sánchez e o poeta Suso Bahamonde (vémolos na foto), ao longo deste martes xa subiron ao Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura o Grupo de gaitas Airiños de Brens, Asoc. Cultural Terra de Sena de Cee e Asoc. Cultural Petaforte de Pereiriña.

Hoxe mércores, a partir das 21:00h tócalle o turno á Coral do Centro Social, Grupo de gaitas da S.D.C.R. Cultural Fumes do Cal de Ameixenda e grupo de gaitas e baile da A.R.C.E.Pedras Miúdas de Lires.

Xa o xoves, á mesma hora, será a quenda do grupo de pandereteiras Ruidheira da AA.VV. As Caldeiras de Gures, Escola de Danza Breogan da S.D.C. de Brens Grupo de gaitas e pandereteiras das AA.VV. de Toba e grupo Mestura Folk de Brens.

A actividade non decae na fin de semana con máis verán Cultural en clave de música (concerto-teatro, habaneras ou folk).

Galería de Rafa Quintáns

Publico no veran Cultural de Cee-Foto-Rafa QUintansWhatsApp Image 2019-08-06 at 22.51.30 (1) copiaUnha das actuacions dos grupos locais de Cee-Foto_Rafa QuintansHomenaxe no veran Cultural de Cee-Foto-Rafa QUintansGaiteiros veran Cultural de Cee-Foto-Rafa QUintans

Peta Forte no veran Cultural de Cee-Foto-Rafa QUintansGrupo de Gaitas de Airinos de Brens no veran Cultural de Cee-Foto-Rafa QUintansUnha das actuacions dos grupos locais de Cee-Foto_Rafa Quintans

Novas relacionadas

Comentarios