A cultura volve a Cee cun programa de actos por Domingo Antonio Andrade

Despois de tres meses de auténtico parón cultural, esta fin de semana volvían á acción algúns teatros da comarca como o de Muros. Outro que volverá á actividade en breve será o Auditorio Baldomero Cores da Casa de Cultura do Concello de Cee. E faino arredor da persoa Domingo Antonio de Andrade, excelsa figura do barroco a quen este ano se lle adica o Día das Artes Galegas.
O programa artellado polo técnico Víctor Castiñeira comezará o 16 de xuño, ás 19:00h, cunha Ofrenda floral no seu monumento, seguido polo espectáculo Barrococó, Rilo&Penadique que nos achegará á figura do arquitecto ceense a toda a familia.
O mesmo día ás 20:00h, na sala de exposición da Casa da Cultura inauguraranse as “Domingo de Andrade, un arquitecto universal”, realizada en colaboración co Museo do Pobo Galego e “Domingo Antonio de Andrade (1639- 1712): de Cee a Compostela, vida e obra dun xenio”. Asistirán o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana e o director do Museo do Pobo Galego, Manolo Vilar.
Os días 19, 20 e 21 de xuño, ás 21.00 horas, hai un Ciclo de Conferencias no Auditorio Baldomero Cores da Casa de Cultura.
O venres 19, o arquitecto Juan Creus Andrade trae “Intensa destreza. Algunhas notas sobre a obra de Domingo Antonio de Andrade”.
O sábado 20, o profesor de xeografía e historia no I.E.S. de Sanxenxo, Antonio Leis Castro, falará sobre “o mestre do barroco galego.
E domingo 21, o propio Víctor M. Castiñeira, recuperará algúns Apuntes históricos sobre Andrade e a vila de Cee, que podedes ver na serie que aquí abaixo recollemos.
Novas relacionadas
- Abril 2020: #ACulturaSegue: Por que Galicia dedica o Día das Artes a Domingo de Andrade.
- Xullo 2019: Domingo Antonio de Andrade será o protagonista do Día das Artes Galegas 2020.
Especial Domingo Antonio de Andrade, por Víctor Castiñeira
- Especial Domingo Antonio de Andrade (I): Un ceense universal.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (II): O ceense e o Barroco en Galicia.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (IV): Cee na época de Andrade.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (V): Resumo biográfico.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (VI): Formación Intelectual.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (VII): Formación artística.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (VIII): A súa obra na Costa da Morte.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (IX): Mestre de mestres. A influencia da súa obra.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (X): O Barroco e a Catedral de Santiago.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (XI): Obras na Catedral de Santiago.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (XII): Arquitectura relixiosa.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (XIII): Arquitectura Civil. Obras en Santiago.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (XIV): Andrade e San Domingos de Bonaval.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (XV e final): Andrade, mestre do Retablo.