Recunchos da Costa: Lires

Parece tan evidente que aínda non o trouxéramos a esta nova era dos Recunchos da Costa. Pero é necesario rescatar o noso lugar fetiche de toda a comarca: Lires.
A pesar dos crónicos problemas de cobertura móbil e mesmo de televisión, de convivir cunha piscifactoría, de ser unha das poucas praias pechadas ao baño na comarca pola baixa de calidade da auga (disque a materia orgánica da piscifactoría atrae as colonias de gaivotas, que defecan moito e provocan que a calidade da auga sexa insuficiente9, de ter un acceso máis que complicado… Lires é un seguro de goce.
Un lugar con moitas cousas: a desembocadura dun dos ríos máis importantes do sur da comarca, como é o río Castro, que provoca que a cada hora do día sexa unha paisaxe distinta en función da marea; unha fermosa enseada chea de vida animal; un núcleo urbano ben singular; unhas vistas impresionantes cara a praia de Nemiña que mira en fite o solpor; un pequeno areal, e unha agochada praia 10 minutos cara o sur para os amantes da intimidade; un roteiro para camiñar…

Ademais, o paso do Camiño dos Faros e o do Camiño xacobeo entre Muxía e Fisterra dalle moita vida, permitindo o bo estado de saúde de establecimentos singulares como As Eiras, As Cabañas, Liresca, A Braña ou Casa Raúl, pioneira en materia de turismo rural.
Mención aparte merece o Bar Praia de Lires, un dos mellores chiringuitos de toda a Costa da Morte, cunhas vistas ao solpor impagables.

Como chegar
MÁIS RECUNCHOS DA COSTA
- Área recreativa de Pedra Vixía.
- A ruta dos Pinos no mar.
- A ruta das pegadas do río Bradoso.
- O Miradoiro de Cereixo
- Pedra da Arca
- Arca da Piosa.
- Pedra da lebre
- Dolmen de Pedra Moura.
- Pedra Cuberta.
- A Casota de Freans.
- San Fins do Castro.
- As lagoas das antigas minas de caolín de Vimianzo.
- A Lagoa das Xalfas.
- As Caldeiras do Castro.
- A Carballeira de Baio.
- O Faro Lariño.
- A praia de Barizo.
- Os Petróglifos da Fieiteira.
- Pedra da Serpe.
- As dunas da Barra.
- Caión.
- O Monte Branco.
- A Torre do Faro de Brantuas.
- A aldea medieval de Riobó.
- Cabo C ou Cabo Cee
- A Fervenza de Castriz.
- A praia de Niñóns.
- Praia de Gures.
- Os Secadoiros de Congro de Muxía.
- Praia de Arnado.
- A ruta dos Muíños do Río Negro.
- Praia de Soesto.
- Praia de Beo.
- O miradoiro do Monte Perrol e a súa mámoa.
- A Ponte de Brandomil.
- Praia de Rebordelo.
- A praia de Seiruga e Area Pequena.
- O Rego dos Muíños.
- Castro Borneiro.
- A Férveda de San Paio ou Entrecruces.
- A Férveda de Rus.
- As fervenzas de Pedrafigueira.
- A Fervenza de Budián.
- A Fervenza de Parga.
- A Fervenza do Rabiñoso.
- Os Penedos de Traba e Pasarela.
- A Fervenza de Vioxo-Chacín.
- A Fervenza de Santa Locaia.
- A praia de Seaia.
- A praia da Barda.
- Os Muíños da Ribeira de Ardeleiro.
- A área fluvial de Verdes.
- O Pozo da Orca.
- Praia fluvial de Carreira.
- As casetas da Feira na A Ponte Olveira.
- Pico de Meda.
- O Pozo Encantado de Salgueiros.
- O Fuso da Moura
- Pedrafita do Marco da Anta ou Menhir de Erboedo.
- A Ponte do Peón de San Crimezo do Ézaro.
- Cabo Roncudo.
- A ponte da Pontenova.
- A Furna do Osmo.
- Mirador de Louredo.
- A área recreativa de Gabenlle.
- O Cabo, e Faro, Vilán.
- As praias de Reira e o foxo do lobo.
- O Cemiterio dos Ingleses.
- As praias do Trece e a Duna Monte Branco.
- O hórreo de Carnota.
- O hórreo de Lira.
- A Fervenza de Noveira.
- O Casco Vello de Corcubión.