martes. 27.01.2026
El tiempo

Denuncian as inundacións que sofre a vía pola que pasa o Camiño no lugar ceense de Canosa

Riada polo Camino de Fisterra-Muxia ao seu paso por Cee
Riada polo Camiño de Fisterra-Muxía ao seu paso pola vila ceense de Canosa
Denuncian as inundacións que sofre a vía pola que pasa o Camiño no lugar ceense de Canosa

O treito do Camiño a Fisterra-Muxía que atravesa Canosa parece estes días un regato. Tanto a veciñanza como os peregrinos máis aventureiros sofren os problemas de inundacións desta vía do interior do lugar ceense. A auga que baixa do monte anega un tramo duns 100 metros e fai case intrasitable o camiño para veciños e peregrinos.

Ante esta situación e as continuas queixas da veciñanza, o BNG solicita ao concello que acometa unha obra de fácil execución e baixo importe económico.

O grupo da oposición xa fixo a solicitude ante o persoal da Xunta encargado do Camiño e a resposta que foi que o ente non acomete obras en superficies con formigón, polo que tendo en conta que o tramo é moi frecuentado pola veciñanza, dende o BNG considera que debe ser o concello o que ofreza unha solución axeitada e urxente.

Ademais, o BNG pide tamén que se limpen as cunetas por onde baixa esa auga, para que non se produzan atascamentos cada pouco tempo.

Comentarios