Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Denuncian que o bus de Fisterra a Santiago cando vai cheo non fai máis paradas

Cartel informativo da estacion de buses de cee
Este é o tablón de anuncios da estación de buses de Cee...
Denuncian que o bus de Fisterra a Santiago cando vai cheo non fai máis paradas

Varias familias de Cee van denunciar a Monbús polo incumprimento reiterado das súas paradas. Este domingo, ás 17:00h, en plena hora punta para que o estudantado costeiro volva a Santiago, o bus que une Fisterra con Santiago non parou en Cee.

Unhas 15 persoas quedaron tiradas na estación de Cee, chamando a Monbús pero sen obter resposta algunha. Unha situación que, en calquera caso, non colle de sorpresa á veciñanza, pois é algo moi repetido sobre todo en verán na liña que vai pola costa.

”Unha vergonza como traballa esta empresa. Se enchen o bus en Fisterra no comezo da liña xa non paran no resto de paradas, e non poñen outro bus. A xente tirada nadas paradas… é inaceptable”, sinala unha veciña afectada. “O peor é que a xente está xa resignada. Algúns marcharon en taxi… outros quedaron a esperar o seguinte sen saber se pararía ou non, e nós puidemos levar á nosa filla ata Berdoias, onde para o bus procedente de Muxía de Autos Ferrín”.

Comentarios