Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Deputación corrobora a axuda para salvar, este ano, a Fundación Fernando Blanco

Dario Areas amosando os Tesouros da Fundacion Fernando Blanco a Valetin Gonalez Formoso
Darío Areas amosando os Tesouros da Fundación Fernando Blanco a Valetín González Formoso
A Deputación corrobora a axuda para salvar, este ano, a Fundación Fernando Blanco

O pasado mes de agosto o Presidente da Deputación comprometíase coa alcaldesa de Cee para que a entidade provincial achegase a parte que deixou de poñer Ferroatlántica. Este xoves, Valentín González Formoso realizou unha visita institucional para corroborar esa subvención nominativa de 18.000 para sufragar este ano (o Concello aporta outros 18.000).

”Non é unha solución a longo plazo”, recoñece a alcaldesa Margarita Lamela. “Sempre se dixo que unha solución extraordinaria para este ano afrontar a búsqueda dunha solución definitiva. Pero sen a aportación da Deputacion a situación deste ano sería moi complicada”, explica.

Visitaron Fundación Fernando Blanco e o IES Fernando Blanco acompañados por Chelo Trillo, directora do IES Fernando Blanco e Darío Areas, responsable do Museo.
Areas compartiu, coa emoción que acostuma, Tesouros da Fundación, como a gran colección de fósiles, minerais, telescopios, unha máquina de vapor de Watt, ou un fonógrafo de Edison que foi inventado no 1877 e que 13 anos despois foi levado á escola de Cee grazas á centenaria fundación.

Visita ao IES Fernando Blanco

A visita rematou na piscina, para dar conta do investimento feito por Concello e Deputación para a renovación dunha piscina que conta con máis de 1.500 usuarios e usuarias de Cee e da comarca.

Visita a piscina municipal de Cee

Novas relacionadas

Comentarios