Droga, destino Costa da Morte
Onte, o buque "SV Nikolay" era interceptado en augas gaditanas polos GEOS con máis de 3 toneladas de cocaína no marco da "Operación Espartana". Unha partida que viña de sudamérica, e que se pensaba descargar na Costa da Morte. Perfectamente podería ter atracado no peirao de Brens (ou nas costas de Muxía onde se prevía o desembarco), pois aquí, presuntamente, contaban coa colaboración dun Garda Civil, o ex mando do posto de Corcubión que leva un tempo destinado en Navarra. Un posto de mando que recolleu o seu fillo, agora no cuartel corcubionés.
Un cargo xa implicado noutros casos e que viña sendo vixiado polos seus propios compañeiros dende hai tempo, pois conta con varios negocios de hostelería e mesmo clubes de alterne pola zona, destinados ao blanqueo de capital. Con todo, é unha pena que un individuo así empañe a labor de todo o corpo.
Na operación detiveron a 31 persoas, 21 búlgaros e varios colombianos, e o coñecido Garda Civil non foi o único implicado. Un veciño dunha floristería Cee tamén foi apresado como suposto cómplice da trama de narcotráfico. Son en total, 4 os galegos detidos, que xa pasaron a disposición xudicial no Xulgado de Corcubión.
Lamentablemente comprobamos pois que a a Costa da Morte segue sendo un importante punto de entrada de droga en Europa.
Novas relacionadas
- A Costa da Morte, o novo porto de entrada da droga en Europa.
- 2009: O Canario desarbolado.
- 2009: Continúa a operación contra o narcotráfico na Costa da Morte.
- Lonxe de Montevideo: Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- El Ideal.
- La Voz.
- El Mundo.