Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Ecos da fin de curso polo Manuela

Fin de curso de 6º Infantil do CPR Manuela Rial
Os graduados de Infantil
Ecos da fin de curso polo Manuela

Este mércores, día 21, no Colexio Plurilingüe Manuela Rial Mouzo, os actos do Fin de Curso que puxo o punto culminante dun intenso curso académico.
Pola mañá, no Salón de Actos do colexio, con gran afluencia de público, desenvolvéronse dous festivais en diferentes momentos. Moi celebrada foi a actuación do alumnado de Educación Infantil, co seu Musical “Décadas musicais” e as súas cancións en inglés. E a inesperada Graduación do alumnado de 6º de Educación Infantil,  os graduados, amenizou a mañá dos presentes.
A continuación, o Festival de Primaria e ESO. O grupo de teatro escolar puxo en escena “Peter Pan”, peza teatral adaptada para a ocasión.
Finalmente, o Coro do colexio interpretou varias cancións que foron moi celebradas polo público que foron o preludio da entrega de premios dos concursos e concursos escolares deportes.
Como broche final, a clausura do acto por parte do Propietario, Marcelo Castro Rial Schuler.

CPR Manuela Rial fin de curso

Comentarios