Elixido o Comité socialista de Cee de cara ás eleccións
08:38 09/01/11
Na xornada do pasado venres, 7 de xaneiro de 2011, os socialistas de Cee celebraron unha asamblea na que, entre outros puntos da orde do día, elixiron ao comité electoral que preparará as eleccións municipais do vindeiro mes de maio.
Arturo Conde será o coordinador xeral de dito comité, namentres que o vicecoordinador será Roberto González. A organización recaerá en Víctor Conde, namentres que Amancia Trillo coordinará a estratexia electoral, os actos públicos, e a xornada de eleccións.
Os socialistas ceenses dividiranse en trece coordinadores para a preparación dos comicios electorais deste ano. Aquí deixamos constancia do comité, que nos fan chegar dende o partido.
- Coordinador General del Comité e Administrador: Arturo Conde Santos.
- Vice-coordinador: Roberto González López.
- Coordinador de organización, programa electoral e comunicación: Víctor Conde López.
- Coordinadora de estratexia electoral, actos públicos e xornada electoral: Amancia Trillo Lago.
- Coordinadores de Mobilización na red, dinamización e propaganda: Pilar Campos Costa, Consuelo Rodríguez Formoso e Alfonso Louzán Tomé.
- Coordinadora de Mobilización municipal e apoio aos candidatos: María Junquera Cambeiro Tarrela.
- Coordinadores de acción electoral: José Manuel Pérez Ramos, Vanessa Cambeiro Sueiro 3 Desiderio Louzán Fondo.
- Coordinador de seguemento do programa participativo: Vicente Figueiras Lourido..
- Coordinador de Xuventudes Socialistas: Yaiza Canosa Ferrío.
Novas relacionadas
- Protestan polo peche do pavillón de Brens.
- Toba acolleu a V Festa Socialista con personalidades de estado.
Fonte
- Nota de prensa do PSOE de Cee.