Preferente: Un gol de Javi Souto salva a temporada en Dumbría
Non fallou. O Dumbría tiña unha final no Conco. Non podía fallar a un rival directo, e malia que había varios equipos implicados, a derrota tivera provocado o descenso de categoría. Pero respondeu o equipo de Pablo Conde, sumando a súa terceira vitoria consecutiva e asegurando un curso máis en toda unha Preferente. Un gol de Javi Souto deu a permanencia.
Ademais, a última xornada de Liga deparou a despedida de Pablo Torreira do Sofán. O adestrador herculino pecha unha magnífica etapa de 4 temporadas, cunha Copa da Costa (a primeira do club a colleitada na 22/23) e 4 boas tempadas na Preferente, quedando estas dúas últimas ao fío da Promoción de ascenso.
Dumbría - Sigüeiro (1-0)
- Dumbría: Anxo, Berto, Breixo, Sergio, Aarón, Juan, Toni, Marcote, Lucas Toba, Javi Souto e Diego Estévez. Tamén: Isma, Mataso, Mario, Pablo Costa Ramos, Iago, Adrián Periscal e Jano.
- Gol: 1-0, m.60: Javi Souto.
Non era un partido para xogar ben, senón para competir, e o cadro de Pablo Conde competiu. Non se xogou moito, pero un gol de Javi Souto á hora de partido serviu para manter a categoría nun ano moi complicado, onde non chegaron 40 puntos para salvarse. Un ano que afrontou Conde sen Pablo Paz, Dani Chao e Kanario durante toda a liga; sen Breixo durante 22 jornadas, sin Xabi durante 4 meses, sin Mataso 1 e medio ….cun plantel moi curto e moitos xuvenís axudando.
Obxectivo cumplido e a recargar baterías.
Cultural Maniños - Sofán (7-5)
- Sofán: Brais, Javi, Dani, Braian, Alex Sánchez, Pablo Parafita, Iván Parafita, Dani Pena, Izan, Marcos Montero, Julián. Tamén: Gardu, Becerra, Iván Pardo e Fabián.
- Goles: 1-0, m.10: Urbano; 1-1, m.28: Julián; 1-2, m.37: Dani Pena; 2-2, m.40: Brais; 3-2, m.58: Julián Pardo; 3-3, m.64: Izan; 4-3, m.72: Julián Pardo; 4-4, m.78: Becerra; 5-4, m.79: Brais; 5-5, m.81: Alex Sánchez; 6-5, m.86: Hugo Cociña de penalti; 7-5, m.89: Julián Pardo.
Partido entretido para os afeccionados ferroláns, e difícil de dixerir para os adestradores. A pesar de non ter nada en xogo, había pouca tensión defensiva e cada ataque remataba en gol.
Con todo, remata un etapa para un Pablo Torreira que espera poder gozar dun ano sabático mentres o club volverá buscar seguir o equipo máis potente do Fútbol costeiro.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.
Todas as crónicas de Preferente.
- X.1: O Sofán bate a todo un Betanzos e o Dumbría roza a primeira vitoria.
- X.2: O Dumbría pesca en San Tirso pero o Sofán atópase con Juan de Celia.
- X.3: Sofán e Dumbría aséntanse na zona noble.
- X.4: Suma e segue.
- X.5 Doble toque de atención.
- X.6: En posición noble.
- X.7: O Sofán vence e convence e o Dumbría sofre.
- X.8: Situándose.
- X.9: Envorcáronse as tornas.
- X.10: Afianzándose na zona medio-alta.
- X.11: Pouca pesca.
- X.12: Doble e dolorosa derrota.
- X13: .O Sofán reacciona pero o Dumbría volve pecar de falta de acerto.
- X.14: O Sofán asalta, con sufrimento, o Conco.
- X.15: Dous valiosos empates.
- X.16: Un parón tranquilos.
- X.17: Unha goleada das que non se lembran e un gol do porteiro.
- X.18: Escápase a promoción e achérgase perigosamente o descenso.
- X.19: O Sofán conquista o Jesús García Calvo.
- X.20: O Dumbría métese en postos de descenso.
- X.21: Mal momento.
- X.22: Reacciona o Dumbría.
- X.23: O Sofán suma polos dous.
- X.24: O Dumbría resiste na dura batalla.
- X.25: Doble vitoria campal.
- X.26: Dous empates para seguir sumando.
- X.27: Mirando os obxectivos en fite.
- X.28: O Betanzos vence en Dumbría e escapa do Sofán.
- X.29: O Sofán érguese e pelexa a promoción.
- X.30: Ocasión perdida.
- X.31: O Sofán volve meter en líos ao Dumbría cunha goleada.
- X.32: O Dumbría salva outro matchball.
- X.33: O Dumbría fai os deberes e depende de si mesmo para salvarse.