3ª FUTGAL: Seaia e Cerqueda non fallan e disputarán a promoción con Cee e Pereiriña
Doble enfrontamento ceense-malpicán se vivirá na fase de ascenso á Liga da Costa. Aos equipos ceenses do Unión Club Cee e At. Pereiriña, xa clasificados para a promoción, uníronse nesta última xornada os cadros malpicáns de Sp. Seaia e UD Cerqueda.
E iso que tiñan enfrontamentos complicados ante dous equipos como Cee e Coristanco, que a pesar de non xogarse nada, demostraron estar un punto por riba ao ongo da temporada. Pero notouse ese plus de intensidade de xogarse a vida, e fixeron inútil a vitoria do Laxe en Lira.
Un Laxe que pecha así un final de curso espectacular, a piques de meterse na fase, cunha posta pola volta da xente da casa que pode determinar o camiño a seguir o curso que vén. Un Laxe que tras unha asemblea, deixou formada unha nova directiva, que colle o relego despois do enorme traballo realizado o ano polo equipo comandado por Jose Lema. Unha nova directiva moi potente (co actual porteiro Jacobo Fariña como presidente, acompañado de Fermín Simal, Patriza Rivera, Jose Manuel Mira, Carlos ou Alfredo Lema ao carón) que terá que buscarlle relevo a un Manu Saleta, fundamental neste rexurdimento do equipo, peza chave para traer de volta moita xente a casa, pero que descansará un ano por motivos familiares.
Todo nunha fin de semana que comezaba coa fermosa despedida de Carlos de Dido, entre outras, como a do meta liracho Rául ou a de Pablo Caamaño no Seaia. Xogadores que definen á perfección o espírito do Fútbol costeiro.
A promoción
A promoción de ascenso á 2ª FUTGAL disputarase cun doble enfrontamento entre 3º-6º e 4º-5º xogándose a volta no campo do mellor clasificado, con prórroga e penaltis en caso de empate.
- Cerqueda - Cee.
- Seaia Pereiriña.
Seaia - Cee (4-1)
- Seaia: Isaac, Alex Mato, Borja, Erik, Belar, Noel, Adrián Pazos, Dimaga, Edu, Rafa, Juni. Tamén: Anxo, Simón, Manu Castro, Martín Costa, Todosantos.
- Cee: Manu, César, Diouck, Alex Muíño, Munitis, Carlos, Jonathan, Martín, Jose, Pablo Caamaño, Fontaíña. Tamén: Jorge, Samu, Sergio.
- Goles: 1-0, m.25: Juni; 2-0, m.57: Edu; 3-0, m.70: Edu; 3-1 m.70: Sergio; 4-1, m.73: Dimaga de gol olímpico.
Partido moi intenso, no que o Seaia se xogaba a vida, e tivo que pisar o acelerador un pouco máis. En fronte, un Cee firme, serio, sen nada en xogo pero querendo deixar a súa pegada para demostrar por que son favoritos no playoff.
Avisaba o cadro de Manu Cancela ata que Juni abría a fenda tras un pase filtrado no ecuador do primeiro tempo. Respondía o Cee e Isaac tivo que sacar un man a man moi claro que puido ser o empate antes do descanso.
Na segunda saíron os de Rafa Suárez apretando algo máis, facendo sufrir a un Seaia que se meteu atrás, aguantou en dous zarpazos meteu vantaxe polo medio cos dous tantos de Edu. Pronto recurtaron os ceenses nunha boa combinación, pero tamén de contado, Dimaga sentenciaría o choque cun gol olímpico.
Celebrou o Seaia o pase á promoción, e apriveutou para render homenaxe ao eterno Pablo Caamaño, que pode que estamos ante a súa última temporada, aos seus 45 anos e tras infinitas temporadas no fútbol costeiro.
Coristanco - Cerqueda (1-2)
- Coristanco: Roberto, Jonathan Fraga, Kevin, Izan, Lorenzo, Dani, Xoel, Jairo, Andy, Iván Pastoriza, Kevin e Lou. Tamén: Gabri, Dani Casti, Mateo, Benxa, Mata.
- Cerqueda: Héctor, Marcos Pensado, Dani Reixía, Andrés, Hugo Fraga, Brais, Eloy, Alex, Mario, Schuster e Palermo. Tamén: Aitor, Samu Amado, Juan Rivero, Sergio, Moisés.
- Goles: 0-1, m.28: Marcos Pensado; 0-2, m.35: Brais Costa; 1-2, m.89: Dani Vázquez.
Partido moi intenso, cu Cerqueda necesitado de gañar no campo dun Coristanco, que a pesar de chegar cos deberes feitos, quería deixar o pavillón ben alto e dedicarlle a vitoria ao míster Adrián Lema, que o venres anunciaba a súa marcha.
O cadro verde dominaba algo máis, e o Cerqueda aguantaba ben atrás, apoiado nun Héctor que fixo varias boas intervencións, incluído nun penalto. En dúas contras estupendas, o cadro de Gurita ampliaba a renda no treito final da primeira metade.
Na segunda intentouno o Coristanco pero o pico de intensidade que tiveron atrás os cerquedáns foi suficiente para manter os puntos e posto de promoción.
Laxe - Lira (3-0)
- Goles: 1-0, m.30: Leo tras un rexeite; 2-0, m.70: Santi Casás; 3-0, m.90: Eloy.
Buscaba a vitoria o laxe esperando un tropezo, que non chegou, dos Seaia e Cerqueda. E xa avisou dende o comezo ncun bo córner o cadro de Manu Saleta. Tivo o Lira unha boa ocasión, pero foi Leo o que abría o marcador tras un rexeite na que Raúl (despediuse o veterano capitán liracho) pedía falta en ataque.
O Laxe facía ocasións a balón parado, unhas detidas por Raúl ademais de 3 ocasións ao pau, incluído un penalti de Djamel ao longueiro. Seguía o partido aberto ata o final, co Lira facendo dano nas transicións, pero o empate non chegou e xa no treito final, o cadro local sentenciaba.
Buño - Baíñas (3-8)
- Goles: 0-1, m.2: Fabián; 0-2, m.24: Fabián de penalti; 0-3, m.36: Esteban; 0-4, m.41: Esteban; 1-4, m.43: en propia; 2-4, m.47: Aguiar; 2-6, m.53: Rodri; 3-5, m.60: Fraghiña; 3-6, m.66: Carlos; 3-7, m.68: Fabián; 3-8, m.87: Fabián.
Partido con pouca tensión, que comezaba cun Buño fóra do partido, encaixando moi pronto, e vendo como no ecuador do primeiro tempo un penalti e expulsión metía as cousas moi complicadas. O Baíñas estaba moi ben, moi firme, e foi superior, e na segunda, cun cadro de Dani Calvete algo máis valente, a cada contra marcaba o equipo de Antelo.
Con todo, boas bases a que parecen asentadas en Buño e mais en Baíñas de cara ao ano que vén, cos Calvete ao mando do cadro oleiro (Jorge presidente e Dani adestrador), e Antelo ao mando do barco vimiancés.
Volantes - Oza (4-3)
- Goles: 1-0, m.14: Stefan; 1-1, m.18: Nico; 1-2, m.29: Nacho; 2-2, m.30: Rober Lado; 2-3, m.35: Miguel; 3-3, m.55: Raúl París de penalti; 4-3, m.79: Xoel.
Bo premio para este Volantes de Ubaldo (que parece que seguirá o ano que vén) que levaba moitas xornadas xogando ben e poñéndose por diante pero acabana sucumbindo. Foi finalmente ante o campión, endosábadolle a terceira derrota do curso, nun partido no que comezaron esperaron atrás, e buscando as contras.
Con todo, foi un partido en clave amistoso, no que o Volantes recibía ao campión cun sentido pasillo, a un Oza con moitos xuvenís.
O choque foi un idea e volta, con moita efectividade para os dous equipos que a cada tiro era gol.
At. Pereiriña - Inter de Brens (6-1)
- At. Pereiriña: Maikel, Eloy, Cartamil, Aitor, Brais Lagoa, Martín, Gabri, Tito, Pablo, Oli e Abel. Tamén: Xacobe, Víctor Agulleiro, Maelo, Bichiño e Jon.
- Inter: Costa, Christian, Javichu, Leo, Juan Lagoa, Jose, Rubén, Evaristo, Santi Agulleiro, Alex Castro, Torices. Tamén: Duego, Leo, Marcos, Mamdou, Ferreiro.
- Goles: 1-0, m.12: Abel a centro de Oli; 2-0, m.50: Abel a centro de Maelo; 3-0, m.74: Oli; 4-0, m.77: Jon; 5-1, m.81: Ferreiro; 5-0, m.81: Víctor Agulleiro dende o medio campo nosque de gol; 6-1, m.85: Eloy.
Derbi ceense cunha primeira parte moi competida cun gran Inter prantando cara ao cadro de Cobéns prantando cara ao equipo de Julito. Só un centro de Oli que remataba Abel servía para romper a igualada nunha primeira metade sen grandes ocasións.
Saíron máis enchufados o da Pereiriña, xa cos cambios, e os goles foron caendo. Destacable o de Víctor Agulleiro dende o medio campo no saque tras recibir o gol de honra do cadro de Brens.
Camelle - Muxía B (7-3)
- Goles: 1-0, m.3: Moha; 1-1, m.11: Toja; 2-1, m.38: Dido; 2-2, m..45+1: Isma; 2-3, m.48: Toja; 3-3, m.62: Dido; 4-3, m.69: Dido; 5-3, m.72: Marcotiño; 6-3, m.79: Lucas P.; 7-3, m.85 Dido tras unha xogada de Raiku.
Partido de homenaxe ao capi camellán, Carlos de Dido, un deses xogadores que mellor representa o noso Fútbol costeiro. Foi un choque moi entretido o vivido, con moitas ocasions e moo claras durante todo o encontro.
Goles nas dúas áreas, un penalti parado por Roi Búa, a lesión do meta visitante Miguel Toba, e unha demostración de Dido, que marcou 4 tantos na tarde da súa homenaxe.
Todas as crónicas da 3ª FUTGAL
- X.29: Seaia, Cerqueda e Laxe xogaranse dúas prazas da promoción na última xornada.
- X.28: Pereiriña, Cerqueda e Seaia achéganse á promoción mentres o Oza celebra o título e o Coristanco o ascenso.
- X.27: Pereiriña e Cerqueda pegan un salto na tensa loita pola Promoción.
- X.26: 5 equipos loita, nun pano de 4 puntos, por 3 postos de promoción.
- X.25: O Oza selou o ascenso e acariña o título.
- X.24: O Oza deixa asina media Liga nun partido convulso na Rocheira.
- X.23: 6 equipos quedan na loita polas 3 prazas da promoción.
- X.22: Ferve a loita pola promoción.
- X.21: O Buño, gran beneficiado da xornada.
- X.20: Unha chilena para case sentenciar un ascenso.
- X.19: O Pereiriña alonxa o Cerqueda da Promoción.
- X.18: O Oza aproveita o pinchazo do Coristanco e o Laxe alcanza ao Cerqueda.
- X.17: O Laxe alonxa ao Cee do ascenso directo e apreta a loita pola promoción.
- X.16: O Seaia vence o derbi e apreta a loita pola promoción.
- X.15: Coristanco e Oza escapan ao remate da primeira volta.
- X.14 O Cee acabou coa imbatibilidade do Coristanco.
- X.13: O Coristanco pecha o curso como único equipo invicto do Fútbol da Costa masculino.
- X.12: 8 equipos na pelexa por 2 prazas de promoción.
- X.11: Unha xornada para Mikel.
- X.10: Baíñas e Seaia frean a Coristanco e Oza e apretan a táboa.
- X.9: O Coristanco bate ao Oza no duelo de líderes.
- X.8: O Coristanco remonta e alcanza ao Oza no alto da táboa.
- X.7: Oza e Coristanco non paran.
- X.6: O Oza supera tamén ao Cerqueda.
- X.5: O Buño freou ao Cerqueda mentres o Oza segue ao seu.
- X.4: Oza e Cerqueda manteñen o pleno.
- X.3: O Pereiriña frea ao Cee.
- X.2: Oza, Cee e Cerqueda mandan.
- X.1: Oza, Buño e Cee comezan avisando.
Máis información
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com
