En marcha a II Feira de Oportunidades de Cee
07:20 15/11/10
Xa están em marcha a II Feira de Oportunidades de Cee, que terá lugar os vindeiros sábado día 27 e domingo 28 de novembro na vila da Xunqueira. Trátase dun novo evento organizado pola Asociación de Empresarios de Cee que terá lugar no Pavillón Municipal con horario ininterrompido de 10:00 a 21:00 horas.
Chega logo do éxito do ano pasado, o obxectivo volve ser dar a coñecer o comercio de Cee e comarca ofrecendo prezos atractivos para atraer a unha gran cantidade de compradores e onde se poderán atopar con miles de productos de todo tipo, con descontos de ata o 70%.
Haberá postos de Moda textil, Calzado, Informática, Complementos, Xoiería, Fogar... Ademais, poderase disfrutar dunha zona de ocio con cafetería (a cargo do Restaurante Manhattan) pastelería (a cargo de Glasse) e actividades para os nenos.
Inscricións
Apuntan que quedan 5 stands libres, co cal, quen desexe participar nesta II Feira pode poñerse en contacto coa Asociación de Empresarios no tlf 981.74.68.82.Novas relacionadas
- A gardería e apertura dominical dos comercios a debate no Pleno de Cee.
- Os empresarios de Cee mercan en Cee.
- 1ª Feira de Oportunidades de Cee: Un domingo de feirón e Feira.
- As verdades como puños de José Luis Louzán: Liberais Contra conservadores.
Fonte
- Nota de prensa da Asociación de Empresarios de Cee.