En marcha os Premios de achegamento cultural da Biblioteca de Cee


Menudo tesouro temos en Jose Ramón Rey Senra, o responsable da Biblioteca Francisco Mayán de Cee. Activo coma sempre difundindo o achegamento á cultura, como o demostran os máis de 20 anos organizando estes certames para os alumnos da comarca.
Este 2016 chega con o XXV Concurso de Achegamento ao libro, o Certame Na procura do noso V Cómic, emais o Certame Na procura do noso XII Marca-Páxinas.
Os traballos entregaranse sen asinar, cos datos do autor (nome, enderezo, teléfono) nun sobre pechado, podendo figurar no exterior do mesmo o nome do centro educativo e o curso do participante. Dita entrega farase no Rexistro Xeral sito no 1º andar da Casa do Concello (r/Domingo Antonio de Andrade, s/nº) en horario de mañá de luns a venres de 9.00-13.30, antes do día 14 de abril.
O resultado final do concurso farase público o día 18 de maio.
Os premios son vales para cambiar por material escolar.
Achegamento ao libro
No Concurso Literario de “Achegamento ó Libro” poden participar tódolos alumnos de Educación Primaria e Secundaria, cunha extensión máxima de dous folios por unha cara en lingua galega.
Na procura do cómic
Na procura do MarcaPáxinas
Enfocado aos alumnos de Educación Primaria e Secundaria, a temática do cómic estará relacionada cun motivo que nos achegue ó libro, buscando sempre fomentar o hábito da lectura da poboación. As obras presentáranse en tamaño DIN A4 (210 x297 mm), por unha soa cara.
Novas relacionadas
- Cee difunde a obra de Rosalía de Castro.
- A nova Biblioteca da Casa da Cultura de Cee xa recibe usuarios.
- Premios 2014: Os certames de achegamento cultural da Biblioteca de Cee chegaron aos 5.000 traballos.
- Premios 2013: 436 obras marcan un fito no Concurso de Achegamento ao Libro do Concello de Cee.
- Premios 2011: Cee entregou os seus premios culturais aos escolares.
- Premios 2010: Cee premia os mellores cadros, relatos e marcapáxinas .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).