Ensinando Cee dende unha Perspectiva Local
09:07 19/02/22
Xa visitamos, dende unha Perspectiva Local, a vila de Muros. Hoxe, da man desta singular iniciativa de amosar os nosos tesouros da man d@s nos@s veciñ@s, damos un paseo por Cee.
Facémolo con Manolo Ozón “Carballeira”, Martín García Caamaño (da SDC Brens) e Ángeles Pérez Barran (panadeira na Tahoona das Travesas), que nos falan da tradición pesqueira de Caneliñas, da calidade de vida e da riqueza patrimonial da vila da Xunqueira, a coñecida como “a urbe” da Costa da Morte.
VER O VÍDEO DE CEE EN “PERSPECTIVA LOCAL”
Dende a Cooperativa Suseia, organizadora desta singular viaxe polo país, abren a tempada para que sumen máis concellos. Podes Contactar con eles dende a web.