Luns. 14.06.2021
El tiempo

A Escola de Teatro de Cee prepara a súa posta en escena

cartel gran surtido-Teatro Cee
A Escola de Teatro de Cee prepara a súa posta en escena

Volve a Escola Municipal de Teatro de Cee ás andadas, mentres [email protected] dos seus membros buscan financiamento para unha serie de curtas. Volven coa estrea da súa nova obra, “Gran surtido”, dirixida por Artur Trillo.

Estrearase o 5 de xuño ás 21 h e repetirase ao día seguinte en dous pases ás 18:30 e 21 h que terán lugar no Auditorio Baldomero Cores da Casa da cultura de Cee.
Dado que o aforo e limitado, xa están, na Casa de Cultura, as invitacións dispoñibles para poder asistir ás diferentes funcións programadas. O horario para a súa retirada é de luns a venres de 9.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas.

Gran Surtido

”Gran surtido” é un espectáculo composto de once pequenas historias sen conexión entre elas onde se conxugan humor, drama, denuncia social... Os textos son de autores tan dispares como Antonia San Juan, José Luis Alonso de Santos, Alfonso Zurro, Elvira Lindo, Santiago Cortegoso,…

En calquera caso, non é a clásica obra con moitos participantes a un tempo, debido a que neste complicado ano os ensaios tiveron que ir “por parroquias”. De tódolos xeitos, o elenco está formado polos seguintes actores e actrices:

  • Mª José Castro Casais
  • Atenea Coiradas Trillo
  • Fernando Cuadrado García
  • Geraldine Delgado Loria
  • Leticia Domínguez Domínguez
  • Serxio Domínguez Louro
  • Yoly García Leal
  • Pablo García Vigo
  • Rosa González Martínez
  • Belén Lado Outes
  • María Ledo Fraga
  • Belén Lema Conde
  • Irene Olveira Benlloch
  • Tito Rodríguez González
  • Dana Rodríguez Lado
  • Iván Rodríguez Lado
  • María José Traba López
  • Anuska Vázquez Díaz
  • Fina Vieites Pereira
  • Clemen Vigo Blanco
  • Mónica Vilela Vilela
  • Dirección: Artur Trillo

NOVAS RELACIOANDAS

comentarios