Este Nadal, merca na Costa da Morte con LAR
09:54 22/12/10
Moitas son as posibilidades que temos este Nadal para facer as nosas compras. Grandes superficies, pequenos comercios, comercios da zona, grandes cadenas multinacionais, nas vilas da Costa da Morte, nas cidades de toda Galicia...
Pero pouco a pouco a Costa da Morte vai collendo conciencia de que o verdadeiramente positivo para a bisbarra é mercar na casa. Aí está a iniciativa da Asociación de Empresarios de Corcubión Grandes compras, Pequeno comercio, ou a iniciativa da Asociación de Empresarios de Cee, MercaCee, pola cal os empresarios da vila da Xunqueira apostan por mercar na propia vila.
Desta volta, a que aposta por mercar neste Nadal na casa é unha das empresas máis senlleiras da Costa da Morte, Suministros Lar. Lar, empresa con clara conciencia global e de comarca, quere chegar a todos os concellos da Costa apostando por mercar na casa co obxectivo promover o desenvolvemento integral da nosa bisbarra.
Así, a entidade vén de patrocinar polo Nadal todos os concellos da bisbarra, aos que quere chegar coa cuña que realizou a Radio Nordés - Cadena Ser, que podedes escoitar xa dende aquí:
[audio:LAR-PANXOLIÑA-1241.mp3|titles=Merca na Costa da Morte con LAR]
E xa saben Feliz NaviLAR!!!!
Novas relacionadas
- Comeza a conta atrás no Concurso de Murais de Lar 2010.
- O pequeno comercio de Corcubión premia as grandes compras no Concello.
- Os empresarios de Cee mercan en Ce.
Máis novas
- Xa son 9 centros os inscritos para Concurso de Murais de Lar.
- Os estudiantes da zona exprésanse no IV Concurso de Murais de Azulexo da Costa da Morte.
- O longo proceso de creación dun Mural de Azulexo no IES de Baio.
- III Concurso de Murais: O IES de Baio volve gañar o Concurso Benéfico de Murais de Azulexo de Lar.
- III Concurso de Murais: Emotivo acto final do Concurso benéfico de Lar.
- II Concurso de Murais: O certame de murais de azulexo deixa premios a catro dos sete participantes.
- II Concurso de Murais: O concurso benéfico máis internacional.
- 4 concellos adquiren os murais benéficos de Lar do II Concurso.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).