Luns. 09.09.2024
El tiempo

Euronics Cee, a tenda tecnolóxica de referencia na comarca

Euronics Cee, a tenda tecnolóxica de referencia na comarca
equipo-humano-de-euronics-cee Equipo humano de Euronics Cee Alberto, María, Sergio, Saray, Juanjo, Belén e Carlos. Xa son 7 os que forman o equipo humano da megastore Euronics Cee. Quen llo ía dicir a Alberto Lado e María Canosa cando comezaron esta aventura comercial en 2010. Este 2017 comezan cunha importante ampliación de 100 metros máis de exposición e outro tanto de almacenaxe, o que facilita ter máis produtos en stock e permite ao cliente non ter que esperar. Un salto que demostra o avance deste comercio que comezou cunha pequena tenda de electrodomésticos e xa é case que un centro comercial de tecnoloxía. Se non o teñen na tenda (raro é o caso) sempre conseguen todo o que o cliente necesite. Este Nadal están vendendo de todo, pero o produto estrella sempre son as consolas e os xogos. En todo caso, este ano precisamente os smartphones e as tablets estanse metendo no top competindo ben arribas cas modernas televisións de hoxe en día. “Dende o comezo levamos adaptándonos ao que nos pide o cliente. Por exemplo comezamos vendendo un móbil ao mes e agora temos unha exposición tremenda das mellores marcas”, explícanos Alberto Lado, facendo referencia ao proceso de fidelización. “A confianza é clave, e aquí o cliente sempre volve, e ademais saben que temos un compromiso total, pois se non o temos en tenda, conseguimos ata o accesorio máis pequeno. Temos conseguido algún cable que non se atopa en ningures, e por iso moitos chaman para preguntar se temos ata tornillos ou produtos de fontanería…”. Esa é a historia destes 7 anos de andaina. Pero os que coñecen a Lado xa saben que a cousa ír ir para arriba. A súa cultura emprendedora así o ratifica. Xa de moi novo aventurouse na noite da rúa dos pubs, antes de pasar a traballar de día. O crecemento foi progresivo, superando nestes tempos xa os 10.000 clientes só da bisbarra, se ben teñen clientes de todas partes da península. Agora, nunha clara aposta polo emprego local, conta xa con 7 traballadores, todos da comarca (Cee, Ézaro, Muxía, Fisterra…). Alberto Lado e o responsable de Euronics Cee Alberto Lado é o responsable de Euronics Cee Tamén na rede E se o desexan, os clientes tamén teñen todos os produtos na web de www.euronics.es, que poder servir de catálogo para chamar ou visitar a tenda, onde lle poderán asesorar. "A comodidade e innovación dunha páxina web sumado ao asesoramento e a confianza do comercio físicoé unha boa combinación". Ademais, o cliente pode elixir en función dos servizos que queira contratar, con recollida na tienda, entrega en domicilio ou instalación premium. Marea de anécdotas E como son 7 anos chegando a milleiros de casas de toda a bisbarra, “facíamos un libro con todas as anécdotas que nos teñen pasado”. Entre Alberto, María e Chechu repasan as máis simpáticas. Lembran aquel señor que tiña unha gaita que non usaba e que a quería cambiar por unha tele. Ou aquel outro que quería saber como “levar a internet do bar para casa”… Recordan aquel día no que Alberto e Chechu tiveron que subir un soberano conxelador, a man e coa axuda de dáus cordas, por un balcón. E xa perderon a conta da de lavadoras que tiveron que subir pola fiestra, ou as que tiveron que desmontar peza a peza porque non entraban polas portas interiores da casa. Con risas (agora e mirándoo dende a distancia) rememoran aquelas mordeduras de cans… En Fadibón tivo ata que corre, e a Carlos en Sinagoga un pitbul arrasoulle o pantalón vaquero… “E sempre escoitando o non te preocupes que non fai nada dos clientes”, rin. Se por Nemiña case romperon un nocello saltando as patacas, outra das que lembran con simpatía foi unha no Pindo. “Non entraba a lavadora polas portas e tiñamos que ir á parte de atrás, e non había oco así que tivemos que subir pola muralla de pedra coa lavadora ao lombo. Parecíamos da procesión do Cristo”, bromean. Son historias que sacan o lado máis humano dunha tenda que se fixo a si mesma e xa é toda unha referencia para as comarcas de Fisterra, Soneira e Carnota, que estamos encantados de que comece a formar parte da nosa serie de clientes.  

Fonte

  • Enlace patrocinado.

Comentarios