Martes. 23.04.2024
El tiempo

Falece o xornalista e empresario Jesús Trillo

Falece o xornalista e empresario Jesús Trillo
Conmoción en toda a Costa da Morte polo pasamento de Jesús Trillo. O que foi delegado de El Correo Gallego e activo empresario falecía ao longo deste sábado 11 de agosto. Coñecido en toda a bisbarra non só polo seu traballo xornalístico senón tamén pola súa implicación de crecemento do sector turístico da Costa da Morte. À fronte da Casa de Trillo, era un dos promotores da activa Asociación Muxía Turismo Rural e estivo involucrado en varias entidades do sector.

Comentarios