Falece un home en Cee por unha parada cardiorrespiratoria mentres conducía
14:39 26/06/16
O condutor dun turismo entrou en parada cardiorrespiratoria cando circulaba pola parroquia ceense de Brens. Os médicos de Urxencias Médicas trataron de reanimalo en repetidas ocasións, pero nada se puido facer por salvar a vida do home.
Ocorreu pouco despois das once desta mañá, xusto diante da Igrexa Parroquial de Brens. Un vehículo se saíu da vía e os veciños alertaron aos servizos de emerxencias. Cando chegaron, atoparon ao condutor inconsciente e en parada cardiorrespiratoria. O coche estaba fóra da vía e apenas estorbaba á circulación.
Así, concluíron que, posiblemente, o home se sentiu indisposto e iso provocou que perdera o control do vehículo. Tras recibir o aviso, o persoal do CAE 112 Galicia pediu a colaboración dos Bombeiros de Cee, voluntarios de Protección Civil e axentes da Policía Local.
Fonte
Axega