Mércores. 01.05.2024
El tiempo

As familias fórmanse en educar nas xornadas de Cee

Xornada formativa TEA en Cee-Foto-Rafa Quintans
Xornada formativa sobre TEA-Foto-Rafa Quintáns
As familias fórmanse en educar nas xornadas de Cee

Interesantes xornadas as que se celebraron na Casa da Cultura esta pasada semana. O sábado foi unha sesión completa, coa II Xornada Formativa sobre o trastorno do especto autista (TEA). De 9:30h da mañá ás 20:00h celebráronse no Auditorio Baldomero Cores unhas xornadas tremendamente interesantes, que serviron para que as familias coñezan un pouco mellor como tratar os casos de autismo tanto dentro, como fóra da casa.

Ás xornadas, organizadas por Marcos Pinaque coa colaboración da Asociación Paseniño, chegaron familias dende varios concellos da zona, dende Arteixo, Carballo, Vimianzo, Muxia, Cabana, Laxe, Carnota, Fisterra, Corcubion e Laracha...

Conferencia deberes Cee GIPEC
Xornada sobre deberes -Foto-Rafa Quintáns

Así, mesmo a pasada semana, a sala de conferencias acollía outra sesión: “os deberes escolares, a debate”. Foi unha Conferencia impartida pola ceense Tania Vieites, acompañada de dous membros da GIPED (Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa) da USC, como Antonio Valle e Susana Rodríguez Martínez.

Conferencia deberes Cee GIPEC
Tania Vieites, á esquerda, acompañada cos compañeiros do GIPED

Comentarios