Venres. 29.03.2024
El tiempo

FEAFES denuncia que centros como o de APEM sofren retrasos no plan de vacinación

A familia de APEM
FEAFES denuncia que centros como o de APEM sofren retrasos no plan de vacinación

Seguen sen estar vacinados tanto os profesionais, como os usuarios de centros de saúde mental como o de APEM en Cee. Por iso, dende a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Saúde Mental FEAFES Galicia), amosan a súa “preocupación e contrariedade” ante os retrasos no plan de vacinación nas residencias e centros de atención á saúde mental de todo o país.

”Malia ter dirixido cartas á Directora Xeral de Saúde Pública, ao Conselleiro de Sanidade e ao Presidente da Xunta de Galicia, esta situación aínda non se enmendou, polo que denunciamos a desprotección que está a sufrir o noso colectivo neste proceso de inmunización e esiximos que poidan beneficiarse das medidas de prevención en saúde que lles corresponden neste contexto de pandemia”, explican dende FEAFES.

Se ben en Aspadex si que están vacinados, o Centro Ocupacional e Centro de Día de Aspaber en Carballo, tampouco están vacinados (non así a residencia, que si que están). Xa enviaron unha lista do persoal hai semanas, e a xerencia está chamando todos os días coa Dirección Xeral do Sergas, pero polo de pronto non hai novidades. "Esperamos que se solucione canto antes tanto para o persoal como para os usuari@s, que teñen ademaismoitas patoloxías e sempre temos o corazón nun puño", apuntan a entidade.

Artigos relacionados

Comentarios