![felisa-centenaria-cee]()
Felisa Domínguez - coa súa bisneta no brazo - cumpriu o pasado sábado 100 anos
Unha sente envexa (da sá) de ter unha avoa coma Felisa. Esta veciña de Lires, cumpriu o pasado sábado nin máis nin menos que 100 anos rodeada da súa familia. "Está moi ben" comenta a súa filla María, que é con quen reside a nova centenaria do concello de Cee e que se suma á lista dos máis lonxevos da Costa da Morte xunto coa carballesa
Carmen Collazo Sande (105)
, Enriqueta Bermúdez Domínguez, de Quilmas, (104), con
Edivia Trillo Capelo de Cee que cumpría hai apenas unha semana os 103 anos, e
Ricardo Coiradas, natural da Redonda, que cumpriu 102 en outubro. En Zas este ano teñen novos centenarios,
José Ameijeiras Suárez, de Fornelos (Baio) e en Vimianzo están
Esperanza Costa (de A Piroga) e
Manuel Amigo que xa pasan dos 101.
Felisa Domínguez Castro naceu o 28 de abril de 1918 no lugar de Padrís, en Sardiñeiro (Fisterra). Xa de pequena foi vivir para Canosa e, unha vez que se casou, mudouse a Lires onde sigue vivindo cunha das súas fillas. Traballou de xornaleira polo que unha das súas afeccións segue sendo ir traballar ao monte, ainda que agora xa non lle deixan. O que si fai sempre a climatoloxía é dar un breve e reconfortante paseo por Lires.
![felisa-dominguez-castro-lires]()
Felisa celebrou o seu 100 aniversario rodeada da súa familia
Esta data tan sinalada, serviu para que toda a familia de Felisa se xuntaran e pasaran un día moi especial no que ademais celebraron o bautizo dunha das súas bisnetas. Felisa ten tres fillos, dúas netas, dous bisnetos e uns ollos cheos de vida!. Parabéns Felisa!
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)