![Carlos Oliete visitou onte o xardin botanico da Fundacion Fernando Blanco de Cee]()
Carlos Oliete visitou onte o xardín botánico da Fundación Fernando Blanco de Cee
Boas novas para o
xardín botánico da Fundación Fernando Blanco de Cee despois de que Ferroatlántica se comprometese a axudar na rexeneración deste espazo que data do ano 1886. Así o confirmou onte durante a visita que realizou o director da zona noroeste da compañía - Carlos Oliete - xunto coa directora do centro escolar - Chelo Trillo -, o mestre de filosofía e xefe de estudos o IEs Fernando Blnaco - Javier Turnes - e o secretario da Fundación e coordinador do Museo - Darío Areas -.
"Cando a Fundación Fernando Blanco nos prantexou as necesidades de mantemento que tiña o seu histórico xardín botánico, pareceunos unha obriga moral achegar o noso gran de area para que este valor cultural e histórico se manteña nas condicións que merece", asegurou Carlos Oliete durante a súa visita a este
edificio emblemático da Costa da Morte.
Existe pouca documentación sobre a autoría do proxecto urbanístico do xardín botánico da Fundación Fernando Blanco de Cee, ainda que se supón que
foi obra do arquitecto José María Aguilar, o mesmo que realizou os dous edicios aló polo 1886. Desta época aínda perviven algúns exemplares. Trátase dun espazo de pequenas dimensións e trazo sinxelo, de estilo ecléctico, e que combina nos seus diferentes compartimentos a xeometría co paisaxismo.
Máis colaboracións
Súmase así unha nova colaboración entre Ferroaltántica e a Fundación Fernando Blanco xa que no mes de febreiro, Ferroatlántica fixe unha achega co fin de contribuir á estabilidade económica e ao funcionamento do Museo da Fundación.
Novas relacionadas
Máis novas da Fundación
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Ferroatlántica