Ferroatlántica forma aos seus traballadores en materia de seguridade


A dirección de Ferroatlántica Cee-Dumbría reuniu a pasada semana a máis de 200 dos seus traballadores para facer entrega dos Premios de Seguridade anuais, máis de 24.000 euros a repartir entre o seu persoal tras os bos resultados obtidos en materia de seguridade do último exercicio, no que se continuou coas melloras que se comezaron a implantar en 1983.
A dirección mostrou a súa satisfacción ao manter un índice de frecuencia inferior a dez, un dato moi por baixo do resto de Europa, aínda que recordou aos traballadores a importancia de non baixar a garda. Os incentivos en materia de seguridade fanse, como cada ano, por medio de bonos para gastar no comercio local.
"Se non estás seguro, non o fagas"
A reunión de onte serviu ademais para recordar as medidas específicas que se deben tomar co fin de mellorar os índices, baixo o lema "Se non estás seguro, non o fagas". A empresa levou a cabo en 2010 máis de 500 accións de mellora en todas as áreas da empresa, o 90% delas no ámbito da seguridade.
Novas relacionadas
- Ferroatlántica celebrou o seu III Trofeo Interdepartamental.
- Alumnos do Pindo visitaron a central do Ézaro e o Museo da Electricidade.
- Máis de 200 estudantes galegos visitaron Ferroatlántica o pasado ano.
- O porto de Brens estará listo en xullo para satisfacción de Ferroatlántica.
Fonte
- Nota de prensa da Ferroatlántica.