Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O FestiLires volve con música, literarura e clown

festilires
O FestiLires volve con música, literarura e clown

Fin de semana de festival se presenta na vila ceense de Lires. A Asociación Pedras Miúdas prepara 4 actividades de calidade, para esta fin de semana de 6, 7 e 8 de agosto, enchendo de cultura establecimentos da vila.

O venres 6 de agosto abre o festival co blus de Turnes&Casquero. O dueto formado por Javi Turnes (guitarra e voz) e Ale Casquero (teclados), que forman parte da banda semicosteira Bakin’Blues Band, estarán en LiresCa.

O sábado será o turno de Adhara & Ritman. A banda carnotá chega con toda a potencia da súa cantante, a Cuncheira de Sofán. Estarán ás 21:00h na Braña Restaurante.

Xa o domingo haberá doble sesión. Para o vermú, A Braña acolle a partir das 13:00h a presentación do libro Flores de Ferro, coa autora María Rei Vilas.
Pola tarde, ás 19:00h cita para toda a famlia con Peter Punk e o seu divertido espectáculo “Punkdemia”.

Comentarios