xoves. 02.10.2025
El tiempo

O Fillo Predilecto de Cee, Francisco J. Blanco García, será condecorado pola Real Academia Galega de Ciencias

Francisco J. Blanco García de Cee Real Academia Galega das Ciencias coa medallas Angeles Vilarino
O Fillo Predilecto de Cee, Francisco J. Blanco García, será condecorado pola Real Academia Galega de Ciencias

Francisco J. Blanco García, nomeado o pasado ano Fillo Predilecto de Cee, é un dos investigadores da Universidade da Coruña que recibirán unha Medallas de Investigación por parte da Real Academia Galega. Blanco García (Cee, 9163), que está a usar a Intelixencia Artificial para mellorar o diagnóstico e tratamento das doenzas reumáticas, recibirá a medalla Ángeles Alvariño González da sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde da RAGC.

“Para min é unha honra inmensa, un recoñecemento a unha traxectoria persoal e, sobre todo, ao traballo do meu grupo de investigación GIR-S, formado por un gran número de excelentes investigadores, compañeiros reumatólogos e pacientes que compartiron comigo esta aventura científica. Esta Medalla reforza o modelo de investigación construído en torno ao triángulo UDC-INIBIC-CHUAC, que xa demostrou ofrecer excelentes resultados na xeración de coñecemento e na súa aplicación clínica” -manifesta o investigador-.

É unha figura distinguida na Medicina española e referente internacional no campo da Reumatoloxía, catedrático de Reumatoloxía da Universidade da Coruña, xefe da Sección de Reumatoloxía Clínica e Traslacional no CHUAC. Lidera o Grupo de Investigación en Reumatoloxía, con máis de 10 millóns de euros captados nos últimos 5 anos. Está a impulsar a aplicación de tecnoloxías computacionais avanzadas relacionadas co Big Data e a IA para personalizar o diagnóstico e o tratamento das doenzas reumáticas, anticipándose á súa progresión e optimizando as posibles intervencións terapéuticas. É investigador principal de máis de 100 proxectos de investigación clínica en enfermidades reumáticas, coautor de 8 patentes e de máis de 1.000 publicacións científicas, membro do comité directivo da Sociedade Mundial de Investigación en Osteoartrite, experto da Axencia Española de Medicamentos e experto na Área de Enfermidades Reumáticas na Axencia Europea de Medicamentos. En 2017 foi recoñecido como o mellor investigador mundial en osteoartrite, sendo o primeiro e único español e o quinto europeo en recibilo.

Outros galardóns

Xunto a el tamén serán recoñecidas Laura Carballo (Marín, 1971), que traballa por mellorar as condicións dos traballadores do mar e que levará a medalla Domingo García-Sabel Rivas; Juan María Pou Saracho (A Guarda, 1963), que recibirá a medalla Isidro Parga Pondal da sección de Ciencias Técnicas, polo seu traballo na aplicación do láser na industria, a saúde e a sostibilidade; Nieves Rodríguez Brisaboa (A Coruña, 1957), experta no procesamento de grandes volumes de datos, recibirá a medalla Enrique Vidal Abascal, da sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación; e Mª Carmen Veiga Barbazán (Brión, 1959), recoñecida coa medalla Antonio Casares Rodríguez da sección de Química e Xeoloxía. polo se traballo de recuperación das das augas residuais compostos de alto valor comercial como bioplásticos ou biocombustibles.

Comentarios