Fotodefeita: A farola caída

Pasar case que unha fin de semana enteira cunha farola caída diante do teu portal, e que apenas haia unha cinta como medida de seguridade. Os cristiais espallados por toda a beirarrúa e ducias de nenos pasando polo arredor sen que se tomen medidas de limpeza ou recollida.

Así o denuncia unha veciña de Cee, farta despois de día e medio con esta farola caída nas Praza das Palmeiras. Espera que o Concello tome medidas urxentemente.

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a info@quepasanacosta.com ou a través do noso Facebook.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).