Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Fotodesfeita: Máis lixo no monte

Fotodesfeita: Máis lixo no monte
Lixo nos montes de Bamiro

Se son unhas das máis típicas da sección, é por algo. Porque cada ano seguimos vendo como a irresponsabilidade dalgún que outro veciño deixa a súa pegada nos nosos montes. No canto de coller o electrodoméstico vello de turno e levalo ao punto limpo, ou de chamar ao concello para que o veñan a recoller diante da casa, hai que prefire cargalo ata o medio e medio do monte e soltalo alí… “Total, aí non lle molesta a niguén”, pensará a ignorancia.

Hoxe unha veciña comprometida envíannos estas imaxes duns frigoríficos e televisores botados nos montes de Bamiro (Vimianzo).

E tamén, dende TEGA Coristanco envían esta estampa na zona de o Braño, en Xaviña, Coristanco, onde deixaron escombro ou electrodomésticos.

Que pasa co respecto á natureza?

Lixo no monte de Bran-Xavina-Coristanco-Foto-Tega

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a [email protected] ou a través do noso Facebook.

Outras novas

Fonte

Comentarios