Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Fotodesfeita: Unha pintada en mal sitio

Fotodesfeita: Unha pintada en mal sitio
Fotodesfeita-Pintadas vandálicas no Concello de Muros

Non é a primeira pintada deste calado que vemos na bisbarra pero a unanimidade á hora de criticala é total. O Grupo de Goberno, oposición e mesmo asociacións como a Xubimar xa expresaron a súa repudia ao acto vandálico cometido esta fin de semana contra a Casa do Concello de Muros.

Trátase dunha pintada que critica o "enchufismo" no Concello no no proceso de selección do GES, pero que perde toda a razón con este procedemento de queixa. Dende Xubimar consideran inxusto calquera "acto que atente contra a convivencia, ou contra o patrimonio público; e a nosa voz alzarase para denunciar tales aberracións".

Así mesmo, BNG e Compromiso Por Galicia declaran o seu "rexeitamento deste tipo de actos vandálicos. Ánima a todos aqueles que creen que o proceso de selección non é todo o transparente que debería, a que se sumen a solicitude para ter acceso ao expediente que solicitou o grupo municipal de CxG e así presionar a alcaldesa para que deixe consultalo".
"Dende a organización galeguista apostan por reclamar pola vía ordinaria, aireando nos medios de comunicación , pero non atentando contra o patrimonio e os bens dos muradáns."

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a [email protected] ou a través do noso Facebook.

Fonte

Comentarios