Sábado. 07.12.2019
El tiempo

Fotodesfeita: A lancha de Salvamento inútil

Fotodesfeita: A lancha de Salvamento inútil
Lancha inutilizada na praia de San Francisco

Ese ano, a praia de San Francisco, en Louro, Muros, unha das máis aproveitadas de toda a zona, xa tivo que vivir o incómodo rescate dun bañista. Aínda así, parece que a prevención ás veces se pasa por alto, e a relaxación estival faise demasiado esaxerada.

Así o entende un veciño da zona, que no envía estas imaxes, da lancha de Salvamento practicamente inutilizada ao quedar varada nas rochas, ”quedando imposibilitada ante calquera rescate que se necesite facer”, comenta o veciño cabreado que á terceira vez que o ve non puido evitar denuncialo cunha foto.

”Deberían ter un morto de fondeo, non un bloque de parede”, apunta.

Lancha varada e polo tanto inutilizada na praia de San Francisco, en Louro, Muros

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a [email protected] ou a través do noso Facebook.

Outras novas

Fonte

Comentarios