Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Fotodesfeita: Hai que ter moito Rostro…

Fotodesfeita: Hai que ter moito Rostro…
Verquido ilegal baixando cara o Rostro-Foto-Simon

Non aprendemos, iso parece evidente. Levavamos tempo sen achegar estas desfeitas, pero parece a veciñanza empeñada en facernos levar as mans á cabeza. Ademais, estes verquidos son nun sitio recurrente pois xa tiñamos traído a esta sección dúas denuncias en febreiro e marzo de 2012.

Falamos dos camiños que baixan cara a praia do Rostro, onde é moi fácil chegar co coche e meter a marcha atrás e soltar toda a merda que puideches deixar nun punto limpo, como todo o mundo. Pero ti, como es moi listo, prefires botala en pleno monte, ao carón dun espazo natural de infinito valor medioambiental como as dunas da praia do Rostro.

En fin…

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a [email protected] ou a través do noso Facebook.

Outras novas

Fonte

Comentarios