Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Fotodesfeita: Vandalismo na piscina da Picota

Fotodesfeita: Vandalismo na piscina da Picota
Fotodesfeita: Un grupo de vándalos fixo serios destrozos na piscina da Picota, en Mazaricos

Así amencía onte, domingo 28 de outubro de 2012, a piscina da Picota, Mazaricos. Un grupo de vándalos entraban pola noite e arrasaban con todo o que vían por diante. Así o contamos en exclusiva.
Hai polo menos 10 cristiais, dos grosos, destrozados, e tiveron que usar os bancos para rompelos. Tamén romperon pezas do sistema solar de quecemento de auga e tiraron numerosas cousas á auga coma os propios bancos, papeleiras e mesmo grandes pedras.

Parece que o único que deixaron vivos foron os vestiarios, pero os desperfectos son abondos.

Dende o Concello aseguran que van presentar unha denuncia.

Vandalismo na piscina de Mazaricos Vandalismo na piscina de Mazaricos Vandalismo na piscina de Mazaricos

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a [email protected] ou a través do noso Facebook.

Fonte

Comentarios