xoves. 27.03.2025
El tiempo

O Goberno estatal recupera a posibilidade de establecer en Cee a base do Heliporto de Salvamento

Maqueta do fallido heliporto de Lires
O Goberno estatal recupera a posibilidade de establecer en Cee a base do Heliporto de Salvamento

O Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitou hoxe Cee para rescatar un proxecto que parecía esquecido: unha base para o Helicóptero de Salvamento Marítimo na comarca. E non será pola cantidade de veces que o BNG lembrou a necesidade de fixala despois da lamentable historia fallida do heliporto de Rubio (Lires).

Blanco reuniuse en solitario coa rexedora, sen chamar aos grupos da oposición que máis lembraron a necesidade desta infraestrutura, para buscar unha posible nova ubicación para a base. Con todo, non trascendeu máis información.

Máis novas

Comentarios