A Xunta recoñece a mala ubicación do heliporto de Lires despois de 2 millóns de euros de investimento
Segue sendo o asunto do heliporto de Salvamento de Lires un asunto moi polémico. Tras máis dun ano sen helicóptero, en maio podíamos confirmar que helicóptero non volverá á base de Rubio, Lires. Pero é que falamos dunha base mal feita, mal escollida. A ubicación non a idónea, e como recoñecía estes días a Xunta, a néboa e o vento impiden que poida estar operativa 24 horas, ademais de non ser aconsellable utilizala de noite.
De que serve unha Base de Salvamento se non pode ser utilizada de noite, ou cando hai néboa ou vento?
A día de hoxe non se depuraron responsabilidades sobre a decisión de construír a base en Rubio, e non no porto refuxio de Brens, como pide por exemplo o BNG. Estes días a Xunta botou a ollada atrás e denunciou que esa decisión fora do Bipartito, se ben cómpre matizar que esa decisión tomouse a nivel estatal, co PSOE no poder, aló polo 2008.
Non é cuestión baladí depurar esas responsabilidades pois falamos de case 2 millóns de euros investidos nunha infraestrutura que non serve para nada.
Novas relacionadas
- 28-10-14: Medio centenar de persoas concéntranse na base do heliporto de Rubio.
- 24-10-14: Unha campaña para recuperar o Helicóptero de Salvamento da Costa da Morte.
- 06-10-14: Un novo naufraxio en Muxía lembra a necesidade do helicóptero de Lires.
- 19-05-14: O BNG reitera as súas críticas polo abandono da Base de Salvamento de Lires.
- 16-05-14: O helicóptero non volverá á base de Lires.
- 28-03-14: Vai pechar definitivamente a base do helicóptero de Lires?.
- 06-03-14: Preocupación pola paralización do heliporto de Lires.
- 18-11-13: Por unha base loxística de Salvamento propia no porto refuxio de Brens.
- 23-09-11: En marcha o heliporto de Lires ante as fotos dos políticos.
- 31-03-2010: Fomento recupera a base de Salvamento de Lires que rechazou a Xunta .
- 31-05-09: A Costa queda sen o seu helicóptero de Salvamento.
- 07-03-08: A Costa terá unha nova base de Salvamento Marítimo.
- 09-10-07: Fisterra pode albergar unha base de helicópteros.
Outras novas
- Sardiñeiro. Un porto sen barcos.
- Que foi do Plan de Usos do porto de Brens?.
- Exercicio de Salvamento do helicóptero de Lires.