Héctor Lera e Pato Donald deron un concerto solidario no cole de Brens
Témolo escoitando cantar en innumerables ocasións pola comarca, pero poucas vez tivemos a sorte de escoitar a auténtica voz española do Pato Donald. Si, Héctor Lera, ademais de músico, é a voz da personaxe de debuxos que todos temos escoitado durante décadas na televisión española.
E malia que ten sido agotador doblado unha e mil veces, o cantautor madrileño-corcubionés tivo a ben acodir á chamada do Colexio de Brens, para facer un concerto infantil pola Paz en Ucraína. O artista, que ademais está a punto de publicar un novo disco, acercouse ata o colexio ceense para disfrutar co seu pequeno alumnado e recordar as súas cancións infantís de cando exercía de mestre de música.
O concerto adicouse aos nenos e nenas ucraínos cantando ao unísono a canción "Sí a la Paz" de Héctor Lera, canción que o alumnado de Brens xa traballara previamente.
”Resultou un concerto emocionante e divertido xa que tamén adicouse un tempo a interactuar co Pato Donald do que durante moitos anos Héctor foi o actor de dobraxe da súa voz para a factoría Disney”, explican dende un agradecido centro ceense.