Os hostaleiros enfróntanse á alcaldesa de Cee polo veto a unha verbena
Un comunicado que deixa perplexa á mocidade da zona, farta de vivir nunha “vila morta”, como denuncian unha e outra vez polas redes sociais, lembrando aqueles tempos nos que Cee era potencia en materia de ocio nocturno.
Pero o bando municipal tamén provoca a máxima “sorpresa” ao sector da hostalería, que no seu momento deron o seu apoio a unha empresa privada na organización dun evento con tódalas garantías que nestes momentos se deben cumplir”.
Os hostaleiros da vila lembran que o “espectáculo estaba previsto que se celebrase nunha carpa, con control de aforo, medidas anti-covid e seguridade privada para a cumplimentación de tódalas normas”. E sobre todo lembran que “así se lle fixo saber a propia alcaldesa, Dona Margarita Lamela Louzán, hai uns días nunha reunión informal celebrada con ela e na que obtivemos o seu visto bo a o día seguinte e de maneira verbal coa nosa representante para a celebración do evento. Por eso entendemos menos o comunicado de hoxe”, sinalan en relación ao bando.
Nese sentido sinalan que “o único que esgrimiu a alcadía eran os problemas de seguridade e limpeza post evento, ofrecéndonos incluso ó copago de ditos gastos. En ningún momento se falou do pago de taxa algunha, non como se lle está pedindo agora á empresa”, denuncian.
”Entendemos que a celebración de eventos sociais ten que ir avanzando, sempre dentro do que a situación sanitaria actual o permita”, apuntan. “Non só desde o punto de vista económico (que tamén é necesario), senón desde o punto de vista duns hostaleiros que tamén son pais e nais que prefiren que os seus fillos e fillas teñan opcións sanas de diversión sen un desprazamento excesivo”, apuntan.