Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O IES Fernando Blanco celebra a súa 10ª Olimpiada Cultural

IES Fernando Blanco
O IES Fernando Blanco celebra a súa 10ª Olimpiada Cultural

Estas semanas, o IES Fernando Blanco vive unha nova, a décima, edición da Olimpíada Cultural O Saber ten Premio. Unha proba para incentivar a aprendizaxe práctica e autónoma do alumnado, así como o traballo en equipo e con presión.

Estes mércores e xoves e os vindeiros días 25 e 26 desenvólvense as probas clasificatorias das sairán os equipos finalistas. Nesta edición participan 10 equipos integrados, cada un deles, por 4 alumnos e alumnas, que teñen que estar cursando as diversas ensinanzas que se imparten no Fernando Blanco, concretamente teñen que ser 1 ou 2 alumnos de bacharelato, 1 ou 2 de ciclos formativos de FP e 1 da ESO ou da EPA. 

Con respecto a edicións anteriores introducíronse algunhas novidades provocadas pola situación de pandemia que estamos a padecer, sendo a máis destacada a celebración das probas clasificatorias cos equipos en aulas separadas e de forma simultánea.

Cómpre salientar que o xogo co que se seleccionan os equipos finalistas é un programa informático exclusivo do IES Fernando Blanco, que selecciona preguntas ao chou de entre máis de 900 planteadas por todos os departamentos didácticos do instituto. Os equipos teñen que responder a 30 preguntas nun tempo de 20 minutos.

Os 2 equipos finalistas participarán na Gran Final o día 22 de xuño na que, ademais de xogar ao devandito xogo educativo, participarán nun debate sobre un tema de actualidade no que cada un dos equipos adoptará posturas opostas, que se decidirán por sorteo ese mesmo día.

Esta X Olimpíada Cultural o saber ten premio conta co patrocinio económico de XEAL, Compucee e Ferretería Roget. Grazas a este patrocinio pódense dotar economicamente os tres premios que se entregarán.

Novas relacionadas

Outras novas dos IES da comarca

Comentarios